O sábado 27-F acadou vixencia a reforma da Lei de Saúde de Galicia aprobada pola maioría absoluta do PPdeG contra dos votos do BNG e do PSdeG. A primeira na testa, porque unha lei desta caste cómpre acadala dende o consenso político e social e o Presidente que non o vexa amosa non ser estadista. O PPdeG optou pola proposición de lei urxente, sen lle outorgar ás forzas sociais e políticas a capacidade de achega e emenda propia dos proxectos de lei que promoven os Gobernos e non as súas maiorías parlamentarias.
Lembrarán tamén que xusto daquela falabamos que a devandita lei non era quen de marcar obrigatorias as vacinas no noso País, pois que unha decisión deste xeito requiría unha lei orgánica aprobada pola maioría absoluta do Congreso estatal. Canto ás vacinas a reforma é, só, propaganda.
Para alén diso, a reforma do PP alicérzase nunha doutrina trabucada de base: a que coida que hai que loitar contra as pandemias con medidas represivas que poñan o foco na responsabilidade individual da ciudadanía, no canto de polo na adopción de políticas eficientes que lle dean á sanidade pública galega as ferramentas xurídicas, administrativas, organizativas e, por riba de todo, os medios materiais e personais precisos para loitar contra a doenza. Outro erro gravísimo, moito máis nun País como Galicia, onde case o 40º% das mortes producíronse nas residencias de xestión privada, suxeitas á inspección e control da Xunta de Galicia. Ë dicir, onde os incumprimentos privados non tiveron case efecto.
Hai, tamén, outras cousas negativas nesta reforma, que veñen de reflectir dende a Asociación de Defensa da Sanidade Pública Galega. Como a advertencia da OMS contra a obrigatoriedade dos tratamentos e probas (agás circunstancias excepcionais pandémicas non definidas a xeito nesta reforma legal), o excesivo poder que se lle outorga, polo menos durante 48 horas, aos funcionarios policiais non sanitarios que poden mesmo pechar cautelarmente (un máximo de 48 horas) os equipamentos sociais e establecementos empresariais e máis a multiplicación de controis tecnolóxicos indefinidos sobre a cidadanía.
É dicir, a reforma da lexislación sanitaria galega do PPdeG non resolve problemas e pode afectar liberdades, constitúe unha operación de marketing e propaganda políticas e non quixo definir un marco legal galego acaído ás nosas necesidades. Outravolta, a vocación do Presidente Feijóo de lle botar a culpa aos demáis, facer oposición da oposición e aproveitar calquera oportunidade para facer propaganda política abrollou nesta oportunidade perdida.
Como dicíamos noutronte a montaña pariu un rato.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



