Lugo, 20 de maio de 2021. A Consellería de Política Social abriu o prazo de inscrición nos campamentos e campos de voluntariado programados para este verán, que en Lugo contan con 1.479 prazas en 15 instalacións repartidas por distintas zonas da provincia.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que esta campaña desenvolverase entre os meses de xullo e setembro baixo o lema O Verán que mereces. A oferta completa de actividades no conxunto de Galicia -e tamén en intercambio con outras Comunidades- suma 7.820 prazas e pode consultarse na páxina web xuventude.xunta.es, no epígrafe Acción de verán.
No caso dos campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos, a solicitude de participación pode facerse desde hoxe ata o vindeiro venres 28 de maio, preferiblemente por vía telemática na sede electrónica da Xunta. Na provincia ofértanse 1.383 prazas en instalacións de sete concellos.
Polo que respecta aos campos de voluntariado, en Lugo desenvolveranse oito que suman 96 prazas. A mocidade de entre 18 e 30 anos que queira participar pode solicitalo ata cinco días antes do comezo de cada campo mediante un formulario en liña dispoñible tamén na web de Xuventude.
Campamentos
Os campamentos de verán da provincia de Lugo poranse en marcha nos concellos de Viveiro, Ribadeo, Portomarín, Palas de Rei, Carballedo, Quiroga e Lugo. En total hai previstas 31 quendas diferentes.
Así, o albergue xuvenil de Area (Viveiro) desenvolverá actividades sobre ambiente mariño e náutica; A Devesa (Ribadeo) contará con varias opcións de multiaventura e acampada a carón do mar; as instalacións de Benigno Quiroga (Portomarín), Os Chacotes (Palas de Rei) e Carballedo acollerán distintas propostas de aventura; o albergue de Quiroga convidará a Explorar O Courel e o Lug 2 (Lugo) oferta dous programas: O Musical e AYCH Tecnolóxico.
Campos de voluntariado
Polo que respecta aos campos de voluntariado da provincia, están previstos tres na modalidade medioambiental e cultural: Da auga e da pedra (Guitiriz), Castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) e Xuventude é Camiño (Triacastela); tres sobre patrimonio: Xuventude é Camiño (Palas de Rei), Abadía de San Clodio (Ribas de Sil) e Castro de Vilar (Folgos do Courel) e dous campos de arqueoloxía: Castro de Penadominga (Quiroga) e Castro de Viladonga (Castro de Rei).
O Goberno galego manterá o protocolo específico fixado ano pasado para garantir a seguridade nas actividades de verán, que en 2020 non rexistraron ningún contaxio por coronavirus. Así, continuarase a implantar medidas a redución do aforo, a incorporación escalonada das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



