Ribadeo, 27 de setembro de 2021. A empresa concesionaria do ximnasio municipal e da piscina, BeOne, renovou as máquinas de tonificación e peso libre. O investimento ascendeu a 102.000 euros. O de Ribadeo é o primeiro centro de Galicia no que esta firma instala estes novos aparatos de alta gama. Ata o ximnasio se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz. Xunto a eles estivo o director do centro, Javier Canel.
O alcalde ribadense manifestou que “tal e como está establecido no prego de cláusulas que rexen a concesión administrativa do complexo deportivo da piscina municipal, o concesionario das mesmas, é dicir, a empresa BeOne renovou estes días todas as máquinas de tonificación e peso libre do ximnasio municipal. Van substituír ás máquinas que levaban anos dando servizo por outras novas, modernas e de alta gama, dado que se trata de 13 máquinas da marca Precor, modelo Resolute, isto é as máis altas de gama desta primeira marca, e de feito este é o primeiro centro de Galicia no que este concesionario as instala. Ademais de todas estas máquinas, tamén se substituíron 8 bancos e todas as pesas, desde 2´5 ata 40 quilos, por outras desta mesma marca e mesma gama”.
Suárez Barcia sinalou que “a cantidade económica que supuxo esta renovación da maquinaria foi duns 102.000 euros e todo isto ven moi ben para ofrecer máis posibilidades, máis calidade e máis servizos á cidadanía deste concello e da comarca da man do persoal técnico cualificado que traballa para dar o mellor asesoramento neste ximnasio de douscentos metros cadrados”.
O rexedor dixo que “coincide agora tamén precisamente nun momento no que todo indica que estamos saíndo desta pandemia que nos asolou durante moitos meses e agora as capacidades autorizadas do 75% nos ximnasios xa permiten que moita xente vaia retornando a estas actividades de interior. E tamén para que moita xente que non practicaba deporte antes, pois aproveite agora para facelo. Eu estou convencido, porque o vexo ademais, que moitas persoas cambiaron o chip en canto a coidar o seu estado de saúde e que, en definitiva, todo canto as administracións fagamos neste senso seguramente será ben recibido”.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



