Copio en baixo unha queixa presentada estes días nun ambulatorio galego. Entémdese que a queixa vai contra o sistema, non contra un ambulatorio en concreto. Por iso, por estar queixa en trámite e pola preservación da intimidade, suprimo os datos identificativos de paciente e instalación sanitaria na copia, polo demais fiel ó texto da queixa. Deixando, iso si, algunha aclaración e explicación entre o texto, e a continuación. Aclaracións e explicacións, por certo, realizadas a partir da idea de quen escribiu a queixa.
“A madrugada de onte, ___, miña nai, ___, necesitou o servizo de ambulancia. Como resultas, administrouselle un tratamento que necesitaba revisión a día de hoxe [o día seguinte], non sendo atendido ata despois de 17 chamadas [enténdese, intentos de comunicarse por teléfono] e dándoselle vez para o día [once días máis tarde do da presentación da queixa], en contra da petición médica.
Esta mañá, ___, volveu a necesitar ambulancia, pasando polo ambulatorio e rematando no [hospital de cabeceira], onde pasou case seis horas, con indicación de alta dicindo que o médico de primaria necesitaba revisar o pautado nos próximos días [enténdese, que o especialista indicou que a pauta tiña que ser revisada polo médico de atención primaria como moito en tres ou catro días]. Presentado no centro de saúde, dinme que imposible, que non poden dar vez porque non teñen oco. Pregunto por alternativas e dinme que me presente o [primeiro día laborable; a ter en conta que a data e hora de denuncia era venres á tardiña], primeiro día hábil, pola mañá [o de pola mañá, por ser o horario de traballo do médico de cabeceira]. Preguntado se iso solucionaría o problema, dinme que non saben.
É dicir, por dúas veces consecutivas en días seguidos a burocracia impide o cumprimento médico, xerando, a máis do perxuízo [sic] do paciente, un gasto suplementario para o sistema.
Isto non pode seguir así.”
Ata aquí, a copia da denuncia. Formalmente, nunha ‘folla de reclamacións’.
O caso relatado comezou cunha urxencia no medio da noite, e refírese non a unha desatención médica da urxencia en si, senón a que o sistema non permite seguir a pauta que precisa o criterio médico. É dicir, estamos ante un sistema disfuncional, que non cumpre os obxectivos para os que foi definido nin a súa propia metodoloxía interna. A atención recibida, polo que parece non sempre foi igual, pero en xeral foi, cando menos, correcta, por parte dos profesionais afectados. Polo demais, xa sabemos que en todo colectivo grande, ‘hai de todo, como en botica’. En todo caso, a queixa non se refire a un caso puntual, senón ó sistema.
Sistema que, por suposto, é mellorable, pero que para mellorar necesita dunhas certas premisas que non son doadas de identificar nel na actualidade. As dúas premisas que considero de maior importancia, a dotación de recursos (persoal, aparataxe, funxibles… cartos) e a vontade de mellora política do sistema público, confrontadas coas novas que nos chegan sobre o sistema sanitario -galego, pero non sendo Galicia un caso illado-, están desaparecidas. Os recursos para o mantemento do sistema público non se ven medrar, se non máis ben ó contrario. E as bonitas verbas sobre o moito que se vai facer co sistema polo poder que o xestiona quédanse aí: pouco recorrido teñen.
Mentres, quedamos espantados de que as dúas terceiras partes das bancarrotas persoais que se dan nos EEUU (que se contan por centeas de millar) teñen unha compoñente de pago dos servizos médicos, nun país cun sistema sanitario público case inexistente, pero cun modelo ó que cada vez nos achegamos máis.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



