Ribadeo, 10 de marzo 2022. O coordinador de deportes dos populares ribadenses, Tito Suárez, lamenta que “o goberno local do BNG siga sen actuar nas instalacións deportivas municipais: non o fixo no Pepe Barrera, nin no polideportivo municipal da Rúa Alfredo Deaño nin no parque biosaudable do aparcamento municipal e tampouco nas instalacións deportivas do rural”. Despois de poñer como exemplo o abandono da pista polideportiva de Rinlo, sinala tamén o mal estado da pista polideportiva de Ove “e o lamentable e vergonzoso estado do seu entorno”.
O popular explica que “seguimos á espera de que o goberno municipal se preocupe polas entidades deportivas e os lugares onde practican os seus respectivos deportes”. Condena, nese sentido, “a falta de traballo e o pasotismo deste goberno do BNG” e, máis concretamente, “do concelleiro de deportes que conta con dedicación exclusiva; é dicir, pagámoslle todos os veciños para que realice este labor. Dá a sensación de que o supera a situación e o cargo”, remarca.
Tito Suárez afirma que “a este goberno do BNG lle da igual todo ou, mellor dito, case todo. Porque figurar e saír nas fotos si que queren. E se non están ou non os chaman coaccionan ás entidades. Para iso si están áxiles. Se estiveran así para traballar por Ribadeo e os veciños, sería outra cousa”, remarca.
Traballo, implicación e interese
O Grupo Municipal Popular segue insistindo en que “o traballo é o mellor remedio para ter as instalacións en perfecto estado, pero ese traballo é responsabilidade deste goberno municipal do BNG. Pero como non o está facendo, teñen que ser as entidades deportivas as que o fagan (varrer os excrementos das palomas das gradas, arranxar as instalacións, etc…)”, explica.
O Grupo Municipal Popular dálles as gracias a todas as entidades deportivas polo seu traballo incansable, a súa dedicación e implicación cos nosos deportistas”. Así, os populares manifestan que “seguiremos interesándonos polas entidades deportivas e polas instalacións onde practican o seu deporte tanto na vila coma no rural” e ofrécense a “axudar en todo o que podamos”.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



