A Mariña, martes 26 de abril 2022. As mentiras e as falsas promesas teñen percorridos curtos e así o vén de demostrar o PP na súa enésima traizón á comarca da Mariña, facendo papel mollado do acordo parlamentario que eles mesmos propuxeron hai poucos meses e que contou coa unanimidade de todos os grupos para que a planta de fibras textís de Altri se instalara na Mariña. No día de hoxe a traizón consumouse e a comarca sigue camiño de convertirse nun deserto industrial porque agora xa non son só os 1000 postos de traballo directos que se perderon desde que Feijóo acadara o goberno da Xunta cos ERES e co peche de empresas emblemáticas na comarca, agora ademáis diso o PP péchalle a porta a novas inversions para a comarca, e nin mais nin menos que a 1500 postos de traballo.
O PP converte A Mariña nun deserto industrial
“Constátase tamén que a Xunta e o PP non teñen política industrial e están simplemente ao servizo dos intereses das grandes empresas e oligopolios que fan o que queren neste país, sen planificación ningunha”. Nestes termos manifestouse o deputado nacionalista mariñao Daniel Castro que tamén recordou a cantidade de veces que na última década o BNG propuxo a elaboración de Plans de Emprego e de Industrialización para a comarca, e que o PP tirou abaixo, pero que siguen sendo necesarios, agora mais ca nunca e o BNG vai seguir traballando xunto coa sociedade mariñá e os axentes sociais para conquerilos. E afirmou tamén que “despois de confirmar que a Mariña non está nos plans do PP queda claro o PP non pode estar nunca tampouco nos plans das mariñás e mariñaos”.
Daniel Castro anunciou que desde o BNG formularase unha pregunta a este respecto no Parlamento.
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga referíuse tamén ao regueiro de desemprego e de empresas pechadas que queda na comarca despois de 13 anos do PP no goberno da Xunta e lamentou que “os “albaceas testamentarios” de Feijóo, (Rueda e Candia) vaian estrear os seus cargos colaborando na traizón á Mariña”.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



