Este concerto englóbase no marco das festas patronais e coincindo co X aniversario dos cantos de Taberna
Mondoñedo, 26 de agosto de 2022.- O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron esta mañá xunto á presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga, o concerto do grupo galego Treixedura e que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22:30 horas, na Praza da Catedral. Este concerto engóbase no marco das festas patronais da Virxe dos Remedios, e coincidindo co X aniversario dos Cantos de Taberna.
Este evento de música tradicional galega, organizado por Gaitaescola, está xa consolidado dentro da programación cultural da localidade e atrae cada ano a unha ducia de grupos de toda Galicia que durante o serán do sábado animan as rúas e prazas do casco histórico e se estende ata a madrugada.
Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira de presentación do seu novo traballo, Camiño longo, no que recuperan as melodías dos seus inicios e celebran os máis de 30 anos de andaina do grupo.
Actividades e agradecemento
O concerto é un dos pratos fortes da fin de semana festiva que se agarda na cidade episcopal, onde se celebran as festas na honra da Virxe dos Remedios, patroa non só do municipio senón de toda a Diocese.
Sen embargo, non so o concerto destacará neste día. Ás 20 horas haberá una xuntanza dos grupos participantes nos Cantos de Taberna e despois do concerto os asistentes poderán desfrutar da foliada aberta.
Dende o goberno local agradecen á Xunta de Galicia “o seu apoio que se materializa co patrocinio desta importante actuación musical, unha mostra máis do compromiso do goberno galego coa cultura e música galega e tamén con Mondoñedo, berce de innumerables manifestacións artísticas ao longo da historia, e que na actualidade constitúe un referente cultural na nosa comunidade”.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



