O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo reuniu aos rexedores, rexedoras e portavoces do partido para analizar, municipio por municipio, a situación da sanidade e da educación públicas e trazar accións reivindicativas para defender aos veciños fronte aos continuos recortes do PP na Xunta, sobre todo no rural
Lugo, 17 de setembro de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, convocou un encontro cos alcaldes, alcaldesas e voceiros municipais socialistas dos 67 concellos da provincia co obxectivo de analizar, municipio por municipio, a situación da sanidade e da educación públicas, para trazar accións reivindicativas para defender aos veciños fronte aos continuos recortes do PP na Xunta, sobre todo no rural, e demostrar que “os socialistas temos outra forma de facer política e de gobernar porque traballamos para as persoas, para fortalecer os servizos públicos e o emprego digno, e desta forma, a xustiza social, o progreso e o benestar da xente”.
Na reunión, á que asistiron a práctica totalidade dos alcaldes e voceiros socialistas da provincia, Tomé Roca constatou que o 80% dos concellos da provincia sofre a día de hoxe graves carencias de persoal en Atención Primaria e Pediatría, “unha situación moi preocupante producida porque a Xunta non cubre nin as vacacións, nin as baixas, nin as xubilacións”.
A reunión enmárcase no plan de traballo marcado por José Tomé e a Executiva provincial para mobilizar á cidadanía en torno ós valores, ós feitos e ó proxecto do PSOE de cara as eleccións municipais a través dunha acción coordinada e a pé do territorio, cos alcaldes e alcaldesas, cos voceiros e voceiras, cos deputados e deputadas na Deputación, no Parlamento de Galicia e no Congreso e no Senado, e coa militancia e os simpatizantes.
No encontro participaron xunto ao Secretario Xeral, a Secretaria de Organización dos socialistas na provincia, Pilar García Porto, o Voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e os responsables de sanidade e de educación na Comisión Executiva Provincial, Miguel Ángel Rodríguez Lois e Miguel Vilar Rivas, respectivamente.
Como xa avanzou o Secretario Xeral na rolda de prensa de inicio do curso político a semana pasada, a sanidade e a educación, que son competencia exclusiva da Xunta de Galicia, “son liñas prioritarias do noso plan de traballo, xunto á atención ós nosos maiores, as infraestruturas, o sector primario, o rural e a industria”.
Sanidade: o impacto dos recortes no rural é moi preocupante
Concretamente no eido da sanidade, Tomé Roca incidiu en que “a Atención Primaria e da Pediatría na provincia de Lugo son especialmente graves. A política da Xunta tradúcese en falta de médicos, pediatras e persoal de enfermería. O impacto no rural é moi preocupante”. E lembrou que o “PP pechou os centros de saúde de Castro, en Carballedo, o de Parga, en Guitiriz (só esta dispoñible o servicio de enfermería), e o de Castro de Rei”. Tamén aludiu situacións denunciadas polo PSdeG na Pontenova, Pantón, Abadín, Antas de Ulla, Ribadeo ou Barreiros, onde houbo só un médico para atender aos veciños, e tamén en Viveiro, onde estes días só houbo dúas ou tres médicas, nunha plantilla de 10, é dicir, ó 30% do cadro de persoal.
En contraposición “ós recortes e pésima xestión do PP en materia sanitaria”, o líder dos socialistas na provincia puxo en valor as políticas do Goberno de Pedro Sánchez, como a recuperación da sanidade pública universal e gratuíta “para todas as persoas que viven no noso país e que o goberno do PP eliminara, ou a eliminación do copago farmacéutico para 6,8 millóns de persoas: pensionistas de baixos ingresos, perceptores da Renda Mínima Vital e menores con discapacidade. Así como a proposta de estabilización do emprego que limita a temporalidade no sistema público de saúde, que beneficiará a máis de 67.000 profesionais”.
Educación: menos profesores, centros, aulas e servizos
No que se refire a situación educativa, o Secretario Xeral advertiu que o “PP recortou, nos dous últimos cursos, 1.500 profesores en Galicia, e suprimiu 96 prazas docentes en Infantil e Primaria este curso”. E aludiu a que o Goberno da Xunta recibiu fondos extra do Estado por importe de 827M€ para reforzar os servizos públicos dende que comezou a pandemia. “Pero lamentablemente o PP sempre se negou a dar conta en sede parlamentaria de como empregou os 92 millóns do fondo Covid dedicados a Educación. Mentres a Xunta obrigaba a asumir ós concellos os gastos da desinfección das escolas, gastaba polo menos 13 millóns deses fondos extra en cambiar cubertas en mal estado. Labores de mantemento que a Xunta debería ter asumido co seu orzamento ordinario”, dixo José Tomé.
O Secretario Xeral do PSdeG en Lugo tamén citou exemplos de redución de profesorado na provincia como no IES de Becerreá “coa supresión da materia de Francés; ou nas Nogais onde se agruparon os nenos de Primaria nun só grupo; en Baamonde a Xunta pechou un colexio con 30 alumnos sen falar con ninguén; en Chantada eliminouse a oferta de ESO e BAC no centro de Val de Asma, e no Lama das Quendas, as presións fixeron desistir do recorte de profesorado; en Vilalba lanzouse un globo sonda para eliminar o bacharelato de adultos no IES Lois Peña Novo, aínda que a consellería rectificou; en Monterroso, a presión fixo reducir os recortes inicialmente previstos, pero, en todo caso, recortaron catro profesores”.
Fronte a estes recortes continuos, José Tomé destacou as políticas do Goberno do Estado, como a aprobación da lei de Educación LOMLOE, “que supón unha reforma para unha educación baseada nas competencias, aberta á innovación e ás mellores prácticas con contidos curriculares actualizados, modelos de avaliación modernos e acorde coas evidencias e recomendacións internacionais”. Así como o aumento exponencial das becas e a rebaixa das taxas universitarias.
Así mesmo, o Secretario Xeral lembrou que, nos 31 plenos ordinarios celebrados no que vai de mandato na Deputación, os socialistas “presentamos e defendemos 22 iniciativas sobre sanidade e educación, practicamente unha por sesión plenaria”, unha intensa actividade que responde “á preocupación que nos trasladan os alcaldes e portavoces municipais e é parte da resposta do Partido Socialista para facer fronte ó desmantelamento dos servizos públicos que está facendo o Partido Popular na Xunta. Un desmantelamento que afecta, sobre todo, ó noso rural. Se non hai servizos públicos e se non hai emprego, o rural acábase”.
Reunión dos presidentes de deputacións co Goberno central
Por outra banda, na reunión cos alcaldes, alcaldesas e voceiros socialistas, José Tomé informounos do tratado na recente reunión na que participou en Madrid na súa condición de Presidente da Deputación de Lugo coa Ministra portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e coa Vicepresidenta Terceira e Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribara. O Secretario Xeral trasladou ós rexedores e portavoces o máximo compromiso do Executivo de Pedro Sánchez cos concellos e coa provincia.
Avanzou, entre outras cuestións, que o Executivo pretende recuperar a aportación estatal para o plan de obras e servizos nos municipios, unha achega que eliminou o PP durante a etapa de Rajoy, obrigando ás deputacións e ós propios concellos a financiar en solitario estas actuacións tan importantes para o desenvolvemento social e económico do territorio.
Ademais, o líder dos socialistas na provincia sinalou que a regra de gasto “seguirá suspendida no ano 2023” e explicou que os vindeiros Presupostos Xerais do Estado incluirán “un aumento de financiamento dun 3% para os concellos”.




















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



