Se a empresa continúa sen atender as súas xustas reivindicacións, a folga será indefinida a partir do 19 de decembro
Xove, a 9 de decembro de 2022. Os traballadores e as traballadoras das piscifactorías que Insuíña ten en Xove e en Oia e das oficinas centrais de Chapela (Redondela), acordaron ir á folga os días 15, 16 e 17 de decembro para demandarlle á empresa que sente negociar un convenio colectivo que permita avanzar na equiparación das súas condicións coas que xa ten o resto do persoal do grupo Nueva Pescanova. Ademais, se a empresa segue sen atender esta xusta reivindicación, a folga pasará a ter carácter indefinido a partir do 19 de decembro.
A representación social dos centros de Xove e Mougás (Oia) leva dende abril do pasado ano intentando que a empresa se abra a negociar un convenio propio que mellore as condicións laborais, salariais e sociais, en cumprimento do recollido no acordo para regular as condicións de traballo que finalizou en 2020.
Naquel momento, a empresa propuxo atrasar a constitución da mesa até que se publicara o convenio colectivo do grupo Nueva Pescanova que se estaba a negociar naquela altura. Finalmente, e despois de novas demoras, en xuño deste ano tiveron lugar dúas reunións previas á negociación do convenio de Insuíña nas que as posturas da dirección e da parte social ficaron totalmente distantes.
Mentres a empresa pretende reeditar os pactos de articulación das condicións de traballo, a representación do persoal demanda un convenio propio que permita unificar as súas condicións coas que xa teñen os compañeiros e compañeiras doutras empresas do grupo, tanto en materia salarial, como no relativo ás licencias e permisos, a clasificación profesional etc.
Malia os traballadores e traballadoras de ambos centros ratificar en asemblea a aposta por un convenio propio, Insuíña négase a negocialo escusándose en que está a negociar un Plan de Igualdade e na proximidade das eleccións sindicais, limitándose a propor outro pacto de mellora.
En resposta a este inmobilismo patronal, o persoal xa realizou dúas concentracións os días 24 de novembro e 1 de decembro, mais ante a falta avances decidiron ir á folga xoves, venres e sábado da próxima semana e iniciar folga indefinida o 19 de decembro se non hai avances.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



