Xove, 25 de xaneiro, 2023. Con respecto a anos anteriores, a edición deste ano conta cunha novidade xa que o venres 17 de febreiro, premio ao gran Desfile, imos ter no Pavillón Municipal uun baile infantil de disfraces amenizado pola disco móbil Conxuro.
O sábado 18 de febreiro desenvolveranse as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:
17:00 horas.- desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da Mekánika Rolling Band.
Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, imos ter festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola disco móbil Conxuro; nun intermedio desta actuación imos entregar os premios infantís do Desfile. Despois da Disco Móbil imos ter a actuación do Grupo Fénix, e no intermedio da mesma farase entrega dos restantes premios (categorías adultos) do Desfile. A festa continuará no Pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro.
Os premios vanse entregar en metálico ao remate do Gran desfile.
Inscrición
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 17 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (18 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 18 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
Segundo as Bases o Gran desfile de Xove vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas seguintes categorías:





















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



