Pilar García Porto presidiu a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, no que se aprobou a continuidade deste recoñecemento, que naceu na última edición dos galardóns á excelencia turística e gastronómica con motivo da celebración na provincia da Copa de España Creativa
Lugo, 17 de febreiro de 2023. A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres a primeira reunión do ano deste órgano participativo e consultivo da Deputación de Lugo. A proposta da institución provincial, os asistentes aprobaron a reedición do Premio ao Turismo Sostible, creado na pasada edición dos galardóns á excelencia turística e gastronómica coa finalidade de recoñecer iniciativas que contribúan á sustentabilidade turística no eido social, económico e medioambiental.
García Porto destacou a importancia de manter este recoñecemento, que “reforza as liñas de traballo que impulsamos dende a institución provincial para consolidar un modelo de turismo de calidade e sostible, con capacidade para atraer visitantes durante todo o ano, que pon en valor o patrimonio e que contribúe a xerar riqueza e emprego, sobre todo no rural”.
“En 2022 apostamos por crear este galardón de xeito puntual como organizadores do VIII Foro Cidades e Territorios Creativos de España, do que fomos anfitrións como gañadores da Copa de España Creativa, pero creemos que mantelo no tempo é unha oportunidade para todas as empresas e entidades da provincia”, explicou.
Na primeira entrega do Premio ao Turismo Sostible, foi recoñecido o proxecto das Cabanas das Chousas polo seu labor de coidado e protección do medio ambiente co uso de caldeiras de biomasa, o bo mantemento do espazo para a prevención dos incendios forestais ou a instalación de contedores de reciclaxe. As Cabanas están situadas a varios metros do chan, nun bosque autóctono e están totalmente mimetizadas e integradas co entorno.
O Consello Provincial de Turismo é un órgano participativo e consultivo creado pola Deputación para promover accións en impulso do destino turístico da provincia. Está formado por 24 persoas relacionadas co turismo lucense representando a entidades, institucións e asociacións.























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



