A Deputación ofrece ata mediados de maio en 18 concellos actividades gratuítas para todos os públicos vinculadas ao turismo activo, desde un raid de aventura, escalada ou barranquismo, ata cicloturismo histórico ou iniciación á equitación
Lugo, 10 de abril de 2023. A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para inscribirse nas actividades gratuítas do programa Actívate, unha inciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.
As persoas interesadas en participar xa poden anotarse desde hoxe mesmo nas tres primeiras actividades que arrancarán esta fin de semana. Poderán facelo cubrindo o formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina web inscricions.deputacionlugo.org ou na de turismo.deputacionlugo.gal
A programación arrancará este 15 de abril nos concellos de Guitiriz e Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16 de abril, os participantes poderán elixir entre paddle surf ou kaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.
As inscricións para as próximas actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.
O Actívate chegará nesta terceira edición a 18 concellos da provincia durante as fins de semana dos meses de abril e maio. Contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade, e ofrecerá propostas para todos os públicos.
A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel medio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escalada ou barranquismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo histórico, o paintball ou a iniciación á equitación.
Durante a xornada, os participantes contarán cos materiais e equipamento necesario para levar a cabo a actividade, dun guía ou monitor especializado, e un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
Calendario de actividades
O calendario de actividades da terceira edición do Actívate nas próximas fins de semana, sábados e domingos de abril e ata o 14 de maio, é o seguinte:
ABRIL
15 de abril: Ruta en bicicleta de montaña (BTT), en Guitiriz; e pola tarde Kaiak polo río desde a presa de Belesar, en Chantada
16 de abril: Rutas en paddle surf e kaiak polo río Sil, en Monforte de Lemos
22 de abril: Canoeing, en Ribadeo; e tiro con arco, na Fonsagrada
23 de abril: Ruta dos fornos, descenso en tirolina e visita á Mina Consuelo, na Pontenova
29 de abril: Raid de aventura con actividades que combinan o kaiaking, trekking, orientación e a bicicleta de montaña, en Viveiro; e pola tarde, surf, en Barreiros
30 de abril: Escalada I e II na aldea de Vicuña, en Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada
MAIO
6 de maio: Ruta da Faba, en Lourenzá; e pola tarde, Paintball, na Pastoriza.
7 de maio: Cicloturismo histórico, en Abadín e Vilalba
13 de maio: Barranquismo, en Quiroga; e pola tarde, Snorkel, en Foz
14 de maio: Kaiak de Mar, en Burela




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



