O PSdeG denuncia no audiovisual que a Xunta comprometeuse no Parlamento a que Altri “viría preferentemente para A Mariña”, pero que nunca atendeu as peticións de reunións dos Alcaldes e Alcaldesas, nin lles facilitou documentación de ningún tipo sobre o proxecto
A Mariña, 16 de maio de 2023. O PSdeG lanzou este martes o documental A Mariña, o relato dunha traizón, sobre “as mentiras e os incumprimentos” do PP na comarca lucense sobre Altri. Este audiovisual, de 15 minutos de duración e que será difundido mediante as redes sociais, desvela a estratexia do Partido Popular na Xunta para “tapar as protestas polo abandono do sector industrial na comarca” co anuncio da chegada dunha planta de fibras téxtiles que xeraría na comarca entre 2.000 e 3.000 postos de traballo.
A noticia “foi soltada, precisamente, no momento máis crítico”, lembra o socialista de Cervo Francisco Mon, cando toda a comarca se manifestaba pola ameaza de peche de Alcoa e tamén o anuncio de marchar de Vestas en Viveiro; con máis de 600 postos de traballo en xogo nunha comarca xa resentida polos efectos da pandemia e deprimida no sector industrial. “Altri foi como unha especie de pantalla”, “un placebo”, sinalou o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e Alcalde de Foz, Fran Cajoto, que explicou ademais que os Alcaldes e Alcaldesas da comarca tiveron que coñecer a nova pola prensa, pois “ninguén” se puxo en contacto con eles.
A posible chegada da empresa lusa Altri á Mariña xerou “ilusión e expectativas”, “unha noticia que nos enchía de esperanza”, asegurou a Alcaldesa de Trabada e Deputada Provincial, Mayra García Bermúdez, que explicou que coas reservas de eucalipto que ten a zona sentiron o anuncio como algo “real”. “Desde ese momento, empezamos a mobilizarnos e a presentar iniciativas no Parlamento”, sinalou a Alcaldesa de Viveiro e Deputada Provincial, María Loureiro.
A Deputada socialista na Cámara autonómica Patricia Otero relatou que foi durante o debate do Estado de Autonomía cando lles chegou que había intención da Xunta, a través da sociedade Impulsa creada e participada polo Goberno galego para desenvolver proxectos con fondos europeos, de asentar Altri na Mariña. Unha sociedade que, segundo valorou Cajoto, “estannos demostrando que non deixa de ser un brazo político da Xunta”.
Os socialistas da Mariña explican tamén que solicitaron ó Executivo autonómico unha reunión para ofrecer a súa axuda e poder resolver xuntos “os posibles atrancos que puideran xurdir para a instalación de Altri na Mariña”, pero a Xunta non os recibiu, nin contestou, e tampouco lles deron acceso ó suposto estudo que se elaborou sobre as posibles localizacións de Altri na comarca, “faltando ó respecto ós veciños e veciñas da comarca”, tal e como apuntou María Loureiro.
Os portos, a man de obra cualificada, as comunicacións e a materia prima eran algunhas das vantaxes que, segundo os socialistas, A Mariña podía ofrecer a Altri e lembrou Patricia Otero que “foi aprobado, por unanimidade dos tres grupos con representación no Parlamento galego, que Altri viría preferentemente para a comarca da Mariña e polo tanto hai un compromiso”.
“Intuímos que algo pasaba e que a promesa da Xunta estaba esmorecendo”, continuou o relato Fran Cajoto, que denunciou que a Xunta anunciou mediante unha rolda de prensa do entón Presidente, Alberto Núñez Feijóo, e o CEO de Altri que a compañía non se instalaría na Mariña, senón en Palas de Rei, sen ofrecer ningún plan ou proxecto alternativo para os mariñanos, cando había un compromiso previo.
Os socialistas reforzan a reivindicación á Xunta dun plan industrial para a comarca, “despois desta traizón”, pois a Administración autonómica “permanece en silencio” a pesar de que ten as competencias en materia de industria, segundo o artigo 30 do Estatuto de Autonomía, e dispón dos recursos económicos necesarios para deseñalo e impulsalo.
Compromiso do PSdeG coa Mariña
Os mariñanos “queren alcaldes e alcaldesas que dean a cara por eles, que loiten polo seu futuro, como facemos os socialistas sempre”, asegurou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, quen subliñou que, se a actividade industrial de Alcoa se mantén “é grazas ós socialistas e ós traballadores. “Seguiremos esixindo un Plan Industrial para A Mariña, defendendo a pesca, todo o sector primario, seguiremos loitando polas infraestruturas, polos servizos públicos, para que haxa médicos de familia, pediatras, mestres, medidas de conciliación, ou atención ós nosos maiores. Todo isto é o que facemos os socialistas cando gobernamos”.
José Tomé recalcou que, ante “a ausencia da Xunta de Galicia, que castiga sen pudor ós concellos que non son da súa cor política, dende a Deputación investimos, só neste mandato practicamente 47 millóns de euros na comarca da Mariña en políticas sociais, en residencias, no Servizo de Axuda no Fogar, na Teleasistencia, nas estradas, en dotacións para os veciños, culturais e deportivas, e no apoio ó tecido asociativo e ás empresas”.
Por todo isto, “o presente da Mariña é socialista -dos 16 concellos, 10 teñen socialistas na alcaldía ou no goberno- e o futuro aínda será máis socialista” tras as eleccións municipais, destacou José Tomé, quen agradeceu e puxo en valor o traballo dos candidatos e candidatas de cara á cita coas urnas o 28 de maio. “Vamos ir a máis, manteremos as alcaldías que temos, imos gañar algunha máis e manteremos a Deputación de Lugo”, recalcou, porque “temos os mellores candidatos e candidatas, e os mellores proxectos de futuro para os nosos concellos, para esta comarca e para toda a provincia”.
ENLACE AO TRÁILER DO AUDIOVISUAL A MARIÑA, RELATO DUNHA TRAIZÓN:
https://we.tl/t-zRCii4eFrQ
PODEDES DESCARGAR O DOCUMENTAL COMPLETO NESTE ENLACE:
https://www.filemail.com/d/rrlqigwnideprys






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



