Lourenzá, 6 de maio de 2023. Hoxe, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.
O mércores 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades en Vilanova de Lourenzá: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas.
Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais que correrán a cargo de grupos como a asociación Osorio Gutiérrez, a Banda de Música de Lourenzá, o coro Mestre Pacheco, Treixadura e Souto Xímaro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



