Era o derradeiro debate do estado do País antes das eleccións nacionais galegas de 2024. E, xa que logo, unha das poucas ocasións coas que conta Ana Pontón (BNG) para achegar a súa mensaxe á sociedade sen a abafante vantaxe que adoito Rueda e o PPdeG posúen para transmitir o seu discurso. Pontón tiña que cuestionar a xestión deste ano e medio de Rueda como continuidade dos trece anos de Feijóo, mais non podia perder a oportunidade de proxectar as liñas fulcrais da súa alternativa. No lote da descualificación da gobernanza do PPdeG habería ir, de seu, a proxección da súa alternativa de goberno, tendo en conta que só fican poucos meses para rematarmos a lexislatura.
No que lle cómpre á ferreña oposición da trituradora do PP de G (como aqueladamente definiu Pontón) que sofrimos dende a primavera do 2009 a mensaxe ficou dabondo nidia. Rueda é um presidente vigario de Feijóo. Nin elixiu a fasquia, composición nin programa do seu Goberno nin conta como líder no contexto do actual PP estatal, definido polo seu extremismo dereitista e polo seu españolismo. “Nin manda vostede nin conta no contexto estatal para nada”. Non cumpría dicir moito máis.
Mais esta descualificación global ficaba núa e mesmo estéril sen lle ofrecer un pacto social á cidadanía galega arredor dunha outra proposta política. Dunha alternativa de goberno que a candidata soberanista nomeou “a Galicia posíbel”, xustificando que non se alicerzaba nos biosbardos, senón en realidades prácticas. Máis autogoberno (no horizonte do Estatuto de Nación) onde o PPdeG non acadou unha única transferencia en catorce anos, mellor financiamento (no horizonte do sistema de cota no que Galicia, recadando os tributos todos, teña “a chave da caixa”), garantirmos unha mellora substancial dos servizos públicos sanitarios, educativos e sociais dotándoos cun financiamento acaído, un desenvolvemento empresarial sostíbel afastado do actual modelo depredador nos eidos enerxético, forestal ou mineiro, promovermos a I+D+i investindo nestas fins o 3% do noso PIB, desenvolvermos potentes políticas de presenza europea e exterior e de promoción da nosa língua e cultura…Velaí que a candidata soberanista a presidir este País fose quen de definir unha alternativa con virtualidade de sedución de amplos sectores da cidadania, mesmo alleos ao soberanismo.
Ana Pontón acertou coa letra. Mais ainda precisará, nesta andaina, acertar coa música. Habería presentar socialmente- como polo de agora está a facer- esta alternativa dende parâmetros de normalidade, amabilidade e tranquilidade. Acoller inclusiva e transversalmente as ducias de milleiros de cidadáns e cidadás que poden acordar con estes seus parâmetros. E tentar evitaren as polémicas divisivas e o ruído.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



