O BNG acada o seu mellor resultado da historia, un terzo dos escanos e gaña en Vigo
PSOE e Sumar afúndense e impiden o cambio
O PP revalidou a súa maioría absoluta con 40 sobre 75 deputados e un 47,35 % dos votos (47,9% no 2020), malia que sobiu algúns milleiros nun contexto de moi importante participación: 67,3% fronte ao 58,84% do 2020 (en ambos os dous casos sen contar co censo de non residentes). O PP alicerzou a súa maioría nas sobrerepresentadas circunscricións de Lugo e Ourense e, en xeral, no medio rural. Tamén, por certo, no rural das circunscricións coruñesa e pontevedresa, amosando unha importante diferenza entre o comportamento electoral das principais poboacións fronte ao conxunto do territorio .
Porque o BNG foi a primeira forza política na nosa cidade máis poboada deste país (Vigo), en toda a súa Ría e no Morrazo e, sumados os seus votos aos do PSdeG, sobrancea sobre o PP noutras áreas urbanas da Galicia atlântica. nomeadamente A Coruña, Pontevedra, Compostela, a Barbanza e Ferrolterra, Con case 470.000 votos (31,55%) racha todos os rexistros e demostra non ter teito. O seu avance na Galicia urbana reflectiu a existencia dun indubidábel voto de cambio, que non foi abondo para facer Ana Pontón presidenta deste país.
Mais o afundimento do PSdeG. que baixou do 19,4% de votos e 14 escanos ao 14% e só 9 representantes, frustrou de vez a posibilidade de remuda. Sendo grande a perda de votos foi moito máis importante a perda de escanos, pola inmisericorde aplicación da regra D-Hondt, que beneficiou nomeadamente a um PP que acada o 53,33 % dos escanos cun 47,35% de votos. Ao tempo, certificouse a total liquidación na Galicia do espazo da esquerda dos comúns: Sumar, co 1,89% , ainda quitou menos votos ca Vox e Podemos (0,25%) menos ca o Pacma. Malia todo, a suma de BNG, PSdeG e Sumar fican por riba do número de votos do PP, amosando a pluralidade do noso mosaico social.
Democracia Ourensana obtivo un bo resultado na cidade de Ourense e Barbadás, que prexudicou nomeamamente aos resultados do PSdeG. Porén, o seu deputado será irrelevante, constituíndo unha simple a anécdota da noite electoral.
Rueda e Feijóo aprobaron con nota a proba. Funcionou a estrutura e capilaridade social do PP superando os seus indubidábeis erros e chatas de campàña. O PP manterá na súa integridade o Poder galego e, presumíbelmente, as súas políticas. Unhas políticas que prexudicaron obxectivamente a nosa economía, o noso autogoberno, a nosa sanidade e os nosos servizos públicos durante estes quince anos. Mais o pulo a prol da remuda da metade do electorado do país non foi abondo para abrir un novo tempo.
Porén, Ana Pontón e o BNG son responsábeis diante desa Galicia activa e dinámica que os votou para seguir a ampliar a base social e amosar que teñen a mellor diagnose e solucións aos problemas deste país. Para seguir a gañar, día a día, a confianza da nosa cidadanía Ana Pontón é o referente para unha parte moi importante da nosa cidadanía. Se non foi desta será, con moi alta probabilidade, na vindeira.























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



