Burela, 12 de xuño, 2024. A Sociedade Cultural “Ledicia” convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXVIII Feira do Bonito os vindeiros 3 e 4 de agosto de 2024 na zona portuaria de Burela
BASES
1. Convócase o concurso en dúas categorías:
Categoría A: concursantes ate 14 anos (incluidos)
Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
2. Poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría na que concursan.
3. O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será XXXVIII FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 3 e 4 de agosto de 2024.
5. A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son:
Cat. A: 15 X 20 cm
Cat. B: 50 x 65 cm
6. Os orixinais poden entregarse ata o día 19 de Xuño de 2024 no local social da Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela:
de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h, por correo, no enderezo antes reseñado. Senón se poidese acudir ao local, pódese entregar a algunha persoa da xunta directiva
7. Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira.
8. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración, e as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.
9. Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



