Ribadeo, 21 de setembro, 2024. O BNG ribadense critica que o goberno municipal volva solicitar un novo crédito, o terceiro deste ano 2024, por importe de 950.000€. Esta cantidade súmase aos outros dous solicitados na primeira parte do ano por importe de 107.000€ e 300.000€ respectivamente. Isto suma un total de 1.357.000€ en créditos en tan só 9 meses. Unha situación que afonda no endebedamento severo dun concello que o goberno do PP recibiu totalmente saneado.
Segundo declarou o concelleiro Vicente Castro: “amortízanse 783.000€ do crédito para a reforma do Hospital-Asilo, o cal é unha boa nova, pero a continuación pídese outro crédito de 950.000€, o cal nos parece unha completa irresponsabilidade. Estes cartos utilizaranse para poder facer fronte ao despilfarro continuo que leva realizando este goberno do PP desde hai ano e medio. Inda por riba, segundo lemos na prensa, intenta enganar a veciñanza falando, sen ningún tipo de pudor, de que se está reducindo a débeda. É ben curioso reducir débeda solicitando en 9 meses un total de 1.357.000€ en créditos”.
Castro engadiu tamén que: “Comezamos o ano co goberno do PP esgotando todos os remanentes que recibiron do anterior goberno do BNG e agora atopámonos con esta serie de créditos. Intentan enganar a veciñanza anunciando que se amortizan 783.000€, pero sen mencionar que se piden 1.357.000€ en créditos. A conta é fácil: a débeda aumenta en 574.000€. Como leva denunciando este grupo municipal meses, todo este gasto sen control pode acabar por comprometer a viabilidade económica do Concello a curto e a medio prazo. Inversións sen realizar, asociacións que non cobren as subvencións etc. Urximos ao goberno municipal que non intente enganar os ribadenses e que volva á senda da responsabilidade financeira polo ben de todas e todos os veciños do noso concello”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



