O futbolista barcelonés, de 24 anos, procede do ATP Iluminación Ribera Navarra, co que disputou 13 encontros e anotou un gol na primeira volta, e comprométese ata final de tempada
Burela, 30 de xaneiro, 2025. O á Marc Campàs é novo xogador do CD Burela FS. O futbolista catalán, nacido en Barcelona o 21 de decembro do 2000 (24 anos), chega procedente do ATP Iluminación Tudelano Ribeira Navarra e firma ata final de tempada.
Marc Campàs Rigat é un futbolista con moita proxección criado na prolífica canteira do Barça e que xa conta con experiencia na máxima categoría española, na liga belga e na UEFA Futsal Champions League. Ao cadro mariñao xa se enfrontou na súa etapa no filial do conxunto blaugrana, co que competiu durante catro tempadas en Segunda División e anotou 20 e 18 goles nas súas últimas dúas campañas como culé, dando o pasado curso o salto ao RSC Anderlecht belga, co que dominou as competicións nacionais e anotou 15 tantos, ademais de participar na Rolda Elite da UEFA Futsal Champions League.
O pasado verán regresou a España para enrolarse nas filas do ATP Iluminación Tudelano Ribeira Navarra, de Primeira División, co que disputou un total de 13 partidos durante a primeira volta e anotou un gol de belísima factura diante do Córdoba Patrimonio da Humanidade na quinta xornada, nun remate de chilena tras un balón en longo do meta Raúl Jiménez que se fixo viral rapidamente e opta, sen dúbida, a ser o tanto máis bonito da tempada.
O á catalán axudará a enriquecer o plantel que ten á súa disposición David Rial. “Viñámolo seguindo desde as súas tempadas en Segunda División co Barça Atlètic, onde xa nos enfrontamos a el e sentimos que tiña un gran potencial, sendo un xogador moi importante e con moi bos números. Estamos moi contentos e agradecidos de que apostase por nós neste momento”, explica o técnico santiagués.
Rial agarda que Campàs lles ofreza solucións a nivel ofensivo. “Aínda que é verdade que esta tempada tivo menos continuidade, esperamos que nos poida achegar moito na faceta ofensiva, tanto desde o desborde como desde o pase ou en situacións de finalización”, sinala.
Mercado pechado
O mercado de fichaxes en Primeira División péchase mañá e non está previsto que se rexistren máis movementos de entrada ou saída na entidade mariñá.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



