Foz, 1 de agosto de 2025. O Día da Bici chega este sábado, día 2 de agosto, da man do Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e a coorganización do Concello de Foz.
A organización anuncia que o Día da Bici de Foz “é un paseo en bicicleta para persoas de todas as idades, con saída ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira ata a praia de Peizás, onde se dará a volta para volver ao punto inicial. Ao finalizar haberá un pequeno avituallamiento e sorteo de agasallos entre as persoas participantes. A inscrición poderá realizarse o mesmo sábado desde 17:00 horas no punto de saída, diante do Cenima”.
Presentaron este evento Manuel Eiras Rodríguez, da Run Foz Run; Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, e Ángel Fernández Neira, concelleiro de Xuventude e Deportes.