A Mariña, 29 novembro, 2025. Na mañá de hoxe a dirección comarcal do BNG reuníuse en Ribadeo para iniciar oficialmente a preparación das eleccións municipais na Mariña. Analizaron pormenorizadamente a situación de cada concello e as alternativas que se van propoñer desde esta formación.
O BNG, unha forza en ascenso en todos os procesos electorais afronta as eleccións locais de 2027 tendo en conta a situación que se vive na comarca e en cada un dos concellos. “Os problemas de vivenda, de emprego, de infraestruturas e sanidade son desgrazadamente tamén comúns a todos os concellos da comarca” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga que asegurou tamén que “o BNG é unha forza política transformadora e nese sentido os concellos BNG contribúen sempre ao desenvolvemento económico e social, axudando á creación das condicións para impulsar e dinamizar a economía local, aproveitando de xeito sustentable os nosos recursos naturais e produtivos” “Un maior número de concellos Bng na Mariña fará posible tamén a mellora do conxunto da comarca.
Referíronse tamén os nacionalistas á situación de asfixia á que o Partido Popular somete aos concellos desde a Xunta: por un lado practicando un total sectarismo cos concellos que non son da súa cor política e por outro lado cargando aos concellos de responsabilidades e competencias que non lles corresponden, coma en temas de benestar social, por exemplo. Esta situación hai que revertila plantándolle cara a estas discriminacións, como fai o BNG nos gobernos locais e no Parlamento.
Anuncia tamén o BNG a realización de reunións concello a concello, con edís e colectivos sociais, para que en toda a Mariña haxa unha forte alternativa nacionalista con propostas para que esta comarca avance, concello a concello





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



