Foz, 29 de novembro, 2025. O venres 5, o Concello de Foz pulsa o interruptor do Nadal e da comezo a todas as súas actividades. O primeiro paso será acender a iluminación de nadal instalada. A glorieta de Vilalba, na que está instalado un boneco de neve de máis de 6 metros de altura, será o lugar donde se pulse o interruptor, ás 18.30h e coa música da Banda de Música e a Escola Municipal de Música.
Este é o primeiro acto dos múltiples que se organizan este Nadal en Foz. “Coa iluminación teremos a visita dun novo personaxe moi coñecido por pequenos e maiores, que visitará o Concello e ao que atoparemos por rúas, prazas e edificios municipais.”explica Fran Cajoto, alcalde de Foz.
Esa mesma finde, o día sábado 6 ás 19.00h na Sala Bahía, teremos noite de góspel en Foz con Aba Taano. As entradas poden adquirirse en giglon.com ou na entrada da Sala Bahía a un prezo de 12 euros. Tamén haberá mercadiño de nadal os días 5, 6 e 7 na Praza Conde de Fontao, organizado pola asociación Raíñas da Casa.
“Nos próximos días saiá o cartel completo, pero podemos adiantar que teremos actividades para os nenos, concerto da Banda de Música, festival da Escola de Música, festivais infantís de Nadal do Feitizo e da Subela, teatro, concerto da Coral Polifónica de Foz con Mar Aberto e Eufonía, visita de Papá Noel, virán tamén os Bolechas e o colofón será unha Cabalgata de Reis ilusionante e chea de maxia” explica a concelleira de cultura, Inés López Couto.
“Convídamos a veciñas, veciños e visitantes a desfrutar dun bonito paseo por Foz desfrutando do alumeado destas festas e do noso comercio e hostalería” finaliza o alcalde.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



