Alfoz, 29 de novembro, 2025. O Concello de Alfoz vén de realizar diversas actuacións de mellora na Escola Infantil Galiña Azul situada na parroquia de Carballido e noutras dependencias municipais, co obxectivo de garantir o confort, a seguridade e a eficiencia enerxética dos edificios públicos.
Entre as principais actuacións figura o cambio da caldeira da Escola Infantil, executado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2025, dentro do proxecto “Mellora da eficiencia enerxética de edificios municipais (Casa do Concello – Escola Infantil)”, financiado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia cun importe total de 45.058,12 €.
Este investimento tamén incluíu a unión do sistema de calefacción da Casa Sociocultural coa Casa do Concello, co fin de optimizar o consumo enerxético e mellorar a xestión térmica dos dous edificios.
Ademais, con fondos propios municipais, o Concello levou a cabo máis melloras complementarias na Escola Infantil, como a substitución da secadora e do microondas, o cambio das columnas do peche do patio, o arranxo dunha cociña da zona de xogos, pés elaborados para poñer en altura as bandexas de experimentación para levar a cabo unha metodoloxía de manipulación e experimentación e a instalación de topes nas portas, reforzando así a seguridade e o mantemento das instalacións.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda Paz, subliñou que “estas actuacións reflicten o compromiso do Concello coa eficiencia enerxética e coa educación infantil, mellorando o confort dos máis pequenos e do persoal e garantindo un servizo público de calidade”.
O Concello de Alfoz continúa deste xeito coa súa aposta pola mellora continua das infraestruturas municipais, combinando o aforro enerxético co benestar da veciñanza.























A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



