O Vicedo, 8 de novembro, 2025. Maxia, teatro, ventriloquía… Que non faría o gran mago Antón ao longo de cincuenta anos de carreira? Teatros, verbenas, teleclubes, cidades, aldeas… Moitas xiras co seu camión por todo o país. O sábado, día 8 de novembro, chegará ao Teatro das Cortes, sen o camión para contarn moitas cousas desta aventura e ofrecer un gran espectáculo para todos os públicos.
Despois da actuación do mago Antón haberá unha representación dunha actriz sobradamente coñecida polo séu traballo teatral e tamén audiovisual. Isabel Risco representaran o novo espectáculo As aventuras de Naviza Girl.
“O estraño caso da Cultura Minguante”
Pensabades que morrera Naviza Girl, pero estaba de parranda!. A máis importante superheroína galega é ben poderosa e supera todas as adversidades. Volve aturuxar dende o cumio do Pindo a nosa Nabiza Girl acompañada nesta aventura polo seu fiel escudeiro, Don Galizo, para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Isabel Risco e Alberte Bello achegan unha comedia valente, destemida, arriscada e chea de sorpresas nun espectáculo cheo de feminismo, reivindicación do galego e do noso medio; pero cargado, sobre todo,de gargalladas e humor.
PROGRAMA
18.30h: Actuación do Mago Antón
20h: Isabel Risco presenta As aventuras de Nabiza Girl. “O estraño caso da cultura minguante”
Entrada de balde. Organiza: Asoc. Cultural Volta e Dálle co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



