Burela, 31 de xaneiro, 2026. A de hoxe foi unha xornada memorable para a maioría das xogadoras do Reyco Burela FS, que disputaron a súa primeira Supercopa de España, á que accedían como campioas da Copa da Raíña 2025. Enfronte tiñan ao rival máis esixente posible, o Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca, nun encontro celebrado ás 14:30 horas (hora peninsular) no pavillón Las Torres de Adeje, en Tenerife.
Excepto Cris Blanco e Ana Eliza, campioas da Supercopa 2024, ningunha das xogadoras participara antes nesta competición, polo que a cita podía ser unha oportunidade única. O equipo de Belén Feal, consciente da dificultade do reto pero tamén do valor da experiencia, viaxou a Tenerife con ilusión e co obxectivo de competir con orgullo.
Ademais, o encontro deixou o debut de Lari, que entrou ao partido no minuto 34.
Un inicio eléctrico e dúas sorpresas laranxas
O Burela comezou presionando e avisando moi cedo: aos 20 segundos, Sandra roubou e disparou obrigando a Arcas a intervir. Pouco despois, Irene Samper tivo outra ocasión tras unha deixada de Emilly. A resposta do Melilla chegou cunha gran parada de Ana Eliza ante Ana Luiza, acción que deu paso ao primeiro golpe laranxa: saída rápida, balón para Cris Blanco e 0-1 para o Burela.
A alegría durou pouco, porque no minuto 3 Irene Samper empatou tras un pase de Ana Luiza. O Melilla subiu o ritmo e Emilly estrelou dous balóns no pau, pero o Burela volveu sorprender: Sydorenko fixo o 1-2 rematando un saque de banda de Irene. A vantaxe, con todo, esfumouse segundos despois cun gol de Laura Uña.
O Melilla completou a remontada no minuto 7 cun tanto de Nega e ampliou ao 4-2 no 9 cun gol en propia de Cris Blanco. A reacción laranxa chegou cunha boa transición que culminou Cris Blanco para o 4-3. Emilly fixo o 5-3 no 14 e o Burela seguiu competindo con valentía, con ocasións de Sydorenko e Bía Souza, e varias intervencións de mérito de Ana Eliza, que evitou un marcador máis amplo antes do descanso.
A calidade do Melilla decide na segunda metade
Tras o paso polos vestiarios, o Melilla impuxo o seu potencial ofensivo. Os goles de Nega, dous de Laura Uña, Emilly, Nava e Dasha acabaron por selar o pase das melillenses á final.
O Burela, lonxe de baixar os brazos, tivo as súas mellores ocasións nun pau de Sandra no minuto 24 e nun disparo de Macarena no 30. Nos últimos cinco minutos, as Guerreiras Laranxas deron un paso adiante para afastarse da súa área e frear o ritmo do rival, mantendo a competitividade ata o final.
O encontro pechouse cun 11-3, un resultado moi avultado pero enganoso para o traballo realizado. O Burela competiu con valentía, deixou dous golpes iniciais que sorprenderon ao favorito e asinou unha actuación da que o equipo pode sentirse profundamente orgulloso.
Ficha Técnica Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca 11-3 Reyco Burela FS
Melilla CdD Torreblanca (11): Arcas; Ana Luiza, Amandinha (C), Irene Samper, Emilly –quinteto inicial-, Laura Uña, Nega, Nava, Bía Souza, Lydia, Dasha.
Reyco Burela FS (3): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Macarena, Sydorenko, Silvia Rubal, Laura Barranco, Gabi, Marina, Mara, Lari, Lola Muñoz (P).
Goles: 0-1, min. 1: Cris Blanco. 1-1, min. 3: Irene Samper. 1-2, min. 5: Sydorenko. 2-2, min. 6: Laura Uña. 3-2, min. 7: Nega. 4-2, min. 9: Cris Blanco (PP). 4-3, min. 10: Cris Blanco. 5-3, min. 14: Emilly. 6-3, min. 24: Nega. 7-3, min. 25: Laura Uña. 8-3, min. 22:
Árbitros: Davinia Dorta (Tenerife) // Carlos Panadero (Madrid) // Jose Javier Cidoncha (Extremadura) // Silvia Guerrero (Baleares) // Yaiza González (Tenerife). Por parte do Melilla viron a tarxeta amarela Laura Uña (17’) e Dasha (34’).
Incidencias: Partido correspondente á semifinal 2 da Superecopa de España 2026 disputado no pavillón Las Torres de Adeje, Tenerife.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



