A actividade, na que se recollerán alimentos que se entregarán á Cruz Roja e ao banco de alimentos, terá lugar este mércores, a partir das 11:00 horas nas pistas de atletismo municipais e contará con máis de 300 participantes dos centros educativos do municipio e de diferentes entidades e colectivos, como Saúde Mental A Mariña, Aspanane, o centro de Día Residencia, un evento no que tamén colaboran DJ Ovo, Alcoa, ou LULADOM
Cervo, 3 de febreiro, 2026. O Concello de Cervo pon en valor a iniciativa “Corremos xuntos, chegamos xuntos”, unha xornada deportiva e de convivencia organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz, e que conta coa colaboración do Concello, coa que se pretende promover valores como a inclusión, a solidariedade e o respecto a través do deporte.
A actividade, inicialmente prevista para o pasado 30 de xaneiro, cando se conmemora o día propiamente dito, tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas e celebrarase finalmente mañá mércores 4 de febreiro nas pistas de atletismo municipais.
A iniciativa foi presentada nun acto no que participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por representantes do CEIP Península da Paz, centro organizador do evento, así como por representantes dos diferentes centros educativos, entidades sociais e demais actores implicados na organización e desenvolvemento da xornada, como o CEIP de Cervo o IES Marqués de Sargadelos, o Centro de Día Residencia, Aspanane, Saúde Mental A Mariña e DJ Ovo, que se encargará de amenizar o evento, no que tamén colaboran Alcoa e LULADOM.
O programa da actividade inclúe a recepción e entrega solidaria de alimentos, a lectura de manifestos con motivo do Día da Paz, distintas carreiras adaptadas ás idades e colectivos participantes, así como unha merenda e un baile final. A xornada pecharase cun acto de agradecemento e cunha canción conxunta como símbolo de unión.
Desde o Concello de Cervo destacan a relevancia deste tipo de iniciativas, que contribúen a reforzar valores educativos e sociais fundamentais, e agradecen o labor do CEIP Península da Paz, así como a implicación de todas as entidades, centros educativos, voluntariado e colaboradores que fan posible esta actividade.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



