O espectáculo “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger” mestura humor, memoria e identidade e incluirá ensaios abertos, coloquios e actividades culturais complementarias na vila
Burela, 8 de abril de 2026. O salón de plenos do Concello de Burela acolleu esta mañá a presentación da obra teatral “O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger”, unha coprodución entre Tarabela Creativa e o propio Concello que se estreará o vindeiro 9 de outubro na vila.
No acto participaron representantes do Concello e da compañía, que deron a coñecer a nova proposta escénica que mestura humor, memoria e identidade e que mantén unha estreita vinculación con Burela.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, explicou que “é unha satisfacción poder presentar un proxecto como este, no que levamos tempo traballando con Tarabela Creativa, unha compañía que xa coñece ben Burela”. Sinalou que nesta ocasión decidiron dar “un paso máis” apostando por unha coprodución dunha obra “moi especial e moi ligada á vila polo seu protagonista e pola historia que conta”.
Gómez puxo tamén en valor o papel da cultura como “elemento de identidade que nos move e define” sinalando que “nesta obra, Burela non é só un escenario, senón que forma parte da historia, da identidade e da memoria”.
A obra está dirixida por Avelino González e interpretada por Carmen Conde, Fran Lareu e Xosé Manuel Esperante. Segundo explicaron na presentación, trátase dunha comedia que nace dun proceso creativo moi persoal, xa que durante un ano Carmen Conde entrevistou ao seu propio pai, antigo membro da Policía Xudicial e especialista en dactiloscopia, para reconstruír a partir da súa memoria unha serie de casos reais que se entrelazan nunha única trama criminal.
Xunto coa estrea da obra, o proxecto desenvolverá en Burela unha programación cultural complementaria que inclúe ensaios abertos na semana previa dirixidos a distintos colectivos, coloquios co equipo artístico e un obradoiro impartido por Carmen Conde centrado na dramaturxia, a narrativa e a narración oral. Ademais, a compañía presentará tamén o espectáculo de narración oral para público adulto “O que non estaba escrito”.
Dende o Concello convidan á veciñanza a asistir, destacando esta iniciativa como unha oportunidade para achegar o proceso creativo ao público e reforzar a aposta pola creación cultural e polo talento galego.
Ademais, a data de estrea, marcará o inicio do percorrido desta produción, que levará o nome de Burela a outros escenarios.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


