Lugo, 5 de febreiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe o acto de toma de posesión do novo comisario xefe da Policía Nacional na provincia, José María Esteban Corral. No acto, no que tamén participaron o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades, conmemorouse ademais o 195 aniversario da creación da Policía Nacional.
Isabel Rodríguez destacou a feliz coincidencia que supón conmemorar o nacemento do corpo da Policía ao mesmo tempo que se incorpora ao seu mando en Lugo o novo comisario. “Festexamos un feito histórico como foi o
nacemento do corpo da Policía en España ao mesmo tempo que a Policía de Lugo recibe unha nova inxección de enerxía e de vitalidade”, dixo a subdelegada antes de destacar que o novo comisario xefe, que sustitúe no cargo a Antonio Villamarín, “ ten unha brillante carreira profesional labrada desde o seu ingreso na Escola Superior de Policía en 1983, como acreditan as numerosas condecoracións que ten recibido polo seu traballo en San Sebastián, Oviedo, Irún e Avilés. A súa experiencia profesional e a capacidade de organización e dirección de equipos que ten demostrado nos distintos destinos polos que pasou son o mellor aval de que a seguridade dos lucenses está en boas mans”.
“Ese fito histórico de hai 195 anos demostrou ser unha iniciativa feliz, cada día temos probas, na nosa provincia como no conxunto de España, dos valiosos servizos que presta á sociedade o Corpo Nacional de Policía. Como toda policía moderna, sobre vós recae a responsabilidade de asegurar o libre exercizo dos dereitos cidadáns e tedes tamén a misión de velar pola seguridade de todos os lucenses”, indicou.
A subdelegada agradeceu a profesionalidade e compromiso da Policía Nacional e suliñou que “grazas ao voso esforzo, os veciños de Lugo, de Viveiro e de Monforte os cidadáns sentímonos máis seguros e protexidos”.
A subdelegada lembrou que “o Corpo Nacional de Policía ten 195 anos de vída e de éxitos”, pero advertiu que “nunca hai que conformarse, ha historia debe servir de estímulo para seguir construíndo o futuro e a Policía, como calquera entidade viva, está en constante evolución, ten que adaptarse aos novos tempos e debe estar preparada para os retos que presenta a continua transformación social e a aparición de novas formas de delincuencia”.
“Anímovos a non baixar a garda, debemos renovar o esforzo para manter a Lugo dentro das provincias con menores taxas de criminalidade”, remarcou a subdelegada, que aproveitou a presentación a sociedade lucense do novo comisario provincial para “pedirvos que lle deades todo o voso apoio, pois estou segura de que a súa acreditada traxectoria profesional ao mando dun equipo de profesionais como o voso supón a mellor garantía de tranquilidade para toda a sociedade lucense, á que nos debemos os servidores públicos. Agardo que todos lle brindedes a máxima colaboración e que o acollades cos brazos abertos, coa hospitalidade que nos caracteriza aos veciños de Lugo”.
DIPLOMAS A POLICÍAS XUBILADOS
A subdelegada do Goberno tamén felicitou e agradeceu “tantos anos de servizo” aos seis funcionarios de policía xubilados nos anos 2017 e 2018 que foron homenaxeados neste 195 aniversario da creación da Policía Nacional e aos que se fixo entrega de diplomas acreditativos.
Trátase do inspector xefe Rodrigo Fernández Barreiro, o oficial José Amador Prado Ferreiro e os policías Manuel Fernández Gómez, José Luis Vélez Romero, Jesús Teijeiro Iglesias, Jesús Viveiro Díaz e Jesús Santos Rodríguez.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



