Burela, 5 de febreiro de 2019. Esta mañá celebrouse no Concello de Burela unha xuntanza da mesa de negociación para tentar elaborar a futura RPT (Relación de Postos de Traballo). O alcalde, Alfredo Llano, dixo que o encontro foi fluído e que todas as partes teñen un obxectivo común, que é confeccionar unha RPT nas mellores condicións posibles para os traballadores e traballadoras do Concello burelés. O 19 deste mes haberá unha nova reunión á que cada departamento levará a súa proposta de organigrama para analizar.
O rexedor contou que “hoxe tivemos unha reunión específica para tratar o tema da RPT no Concello de Burela. Creo que foi unha xuntanza fluída e respectuosa, cun obxectivo común que é elaborar o documento da relación de postos de traballo no Concello de Burela nas mellores condicións posibles”.
Alfredo Llano subliñou que “imos traballar, tanto os representantes dos traballadores como nosoutros, para que isto teña un bo fin e facelo cunha labor colectiva para conseguir un bo documento para o presente e o futuro do noso Concello. Fixemos unha valoración dun documento base que se nos presentou por parte dunha empresa á que se lle encargou a elaboración da RPT. A este documento cremos que lle faltan especificacións, sobre todo no organigrama dos postos de traballo”.
O alcalde burelés anunciou que “quedamos para o día 19 xa, para que cada área ou departamento de traballo do Concello traia un estudo de como debe ser o organigrama para cada departamento e para cada área de traballo. Imos tratar de facer un organigrama de postos de traballo, o que hai agora mesmo e o que debe haber no futuro, que sairá de cada departamento. Pareceunos a todos unha boa idea e polo tanto imos aplicala”.
O rexedor engadiu que “o día 19 faremos unha reunión para analizar cada proposta de cada departamento e ilo incorporando ao organigrama xeral da RPT do Concello de Burela. Basicamente se tratou isto, e estivemos vendo outros temas que hai que analizar no futuro como é a valoración dos postos de traballo, onde imos ter unha comisión de seguimento de negociación, con técnicos que nos poidan asesorar ao mesmo tempo no que imos elaborar. Chegamos á conclusión de facer un mesmo modelo para valorar todos os postos con criterios como poden ser a experiencia, os títulos educativos e a responsabilidade. Todo iso dálle un valor en puntuación, e quedamos, por unanimidade, en facer iso. Creo que conseguimos facer unha gran labor para o Concello de Burela e o último trámite sería levalo a pleno e aprobalo”.
Alfredo Llano dixo que “imos intentar acelerar e facer as reunións que poidamos, dentro do marxe derivado da responsabilidade que cada un de nós exerce, pero agora comezaremos o día 19 e imos darlle continuidade inmediata, ao mellor non no mes de febreiro, pero en marzo teremos outra reunión e así sucesivamente. Todos con gañas de traballar e co mesmo obxectivo de elaborar de forma conxunta unha RPT válida e boa para o Concello”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



