Ribadeo, 9 de abril de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, únese á reivindicación dos veciños e veciñas que reclaman á Deputación de Lugo a mellora da estrada de Vilela, que é a LU-133. O grupo popular solicitou na Deputación o pasado 21 de marzo que se incremente o orzamento para investir nas estradas da rede viaria provincial.
Daniel Vega explicou: “trasladámonos á estrada de Vilela, que así coñecemos todos á LU-133, para reivindicar cos veciños o arranxo de inmediato desta estrada. É unha vía que ten moito tráfico rodado, tamén pola que moitos veciños van paseando e que os xogadores da SD Ribadeo usan para ir adestrar ao campo de fútbol. Nós pedimos que se incremente a partida orzamentaria para arranxar esta estrada e solicitamos algo moi concreto: arranxo do pavimento, construción de beirarrúas, nova iluminación con renovación das farolas e tamén dotala de papeleiras e de bancos. Reclamamos ademais a construción de dúas pasarelas exteriores na ponte, para que as persoas vaian camiñando por elas e así evitar algún risco de accidente”.
O alcaldable do PP ribadense engadiu: “estámolo pedindo cos veciños desta estrada e polo tanto esperamos que a Deputación e o Concello non escollan a postura de perfil, que se unan a esta reivindicación e que a Deputación invista na mellora desta estrada”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



