Santiago de Compostela, 8 de abril de 2020. Galicia demanda ao Goberno central que flexibilice as condicións de cumprimento das súas obrigas tributarias por parte dos agricultores e gandeiros, tendo en conta as dificultades que se lles presentan nesta situación de emerxencia sanitaria desde o punto de vista administrativo.
O conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou hoxe ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a necesidade de adoptar esta medida en especial no que atinxe á presentación das declaracións do primeiro trimestre, sobre todo do IVE. Por iso, demandou que se permitise aos agricultores e gandeiros retrasar a presentación da autoliquidación do primeiro trimestre do IVA ao 20 de xullo, xuntando os dous primeiros trimestres do ano. Como alternativa, propuxo que se presentara a autoliquidación cos datos do 2019 e que se regularizara no seguinte trimestre.
José González lembrou que a maioría dos agricultores e gandeiros xestionan as súas facturas a man e que moitas veces se teñen que desprazar a asesorías -en ocasións pechadas ou sobrecargadas de traballo- para realizar os trámites deste tipo de impostos, Algo que, advertiu, nestas circunstancias lles interrompe o traballo nas súas explotacións -un labor esencial para abastecer á poboación- e que ademais incrementa o risco de contaxio por coronavirus.
O conselleiro pediu ademais ao ministro unha “maior participación” das comunidades autónomas na toma de decisións e na elaboración de normativa para facer fronte aos principais problemas do sector primario nestes intres. Así, fixo referencia ao último real decreto publicado no Boletín Oficial do Estado sobre medidas de apoio á agricultura e lamentou que non se tivera pedido a colaboración das autonomías na súa redacción, xa que -advertiu- “pode haber casos específicos que deberían contemplarse e non se fixo”.
Especificidades do sector primario
Nesta mesma liña, o titular de Medio Rural chamou a atención do ministro sobre o feito de que o sector primario ten especificidades que convén contemplar e en especial amosou as súas dúbidas sobre que os préstamos do ICO poidan chegar “con normalidade” ao agro. Neste sentido, o conselleiro pediu que se teñan en conta esas peculiaridades, como está a facer a Xunta para que a liña de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria poida ter maior repercusión no sector primario, polo que pediu ao Goberno central que faga o mesmo.
Ademais, solicitou ao ministro que o Estado convoque liñas de axudas específicas para o agro, porque -sinalou o conselleiro- “é o momento de agradecer e recoñecer o esforzo que están a facer agricultores e gandeiros”. Cómpre, dixo, ter en conta que as características das empresas agroalimentarias son diferentes das doutros ámbitos produtivos.
A maiores, por subsectores, o conselleiro fixo referencia ás dificultades de eidos como os da produción de planta ornamental ou do viño. En relación co primeiro, solicitou que se contemplen tamén axudas específicas e se contemplen os viveiros de planta para cultivo, como xa se fixo para o gando ovino, e sobre o segundo avogou por fomentar a apertura de novos mercados e por forzar a eliminación de aranceis que frean a súa comercialización.
Tamén, con respecto ao vacún de carne, o conselleiro sinalou que en xeral se detecta un bo movemento de canais, pero advertiu que existen dificultades para dar saída a produtos de alta gama. Por iso, defendeu que se intensifiquen as xestións para abrir novos mercados exteriores, en destinos como China ou Arabia Saudí, onde poden ter cabida este tipo de producións.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



