Xove, 23 de outubro, 2020. Escaparate de Xove sae hoxe á luz ofrecendo interesantes produtos e servizos.
Esta plataforma xa conta con 55 empresas rexistradas, 26 ofertas e promocións e tamén con oportunidades de emprego.
Escaparate de Xove é unha plataforma que quere unir todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.
Escaparate De Xove nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apoio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.
Escaparate de Xove Ten como obxectivos:
Amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado
Impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet
Facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego
Atraer a novas iniciativas empresariais
Será unha plataforma viva que cada empresa poderá actualizar a diario, nela veremos os datos principais de cada negocio: o seu lema, a súa ubicación, como acceder ao servizo de venta en liña, entrega a domicilio, ofertas e promocións e se aceptan curriculos vitae.
Escaparate de Xove ofrece un mapa de ofertas e promocións, é dicir, que poderás ver nun único link as ofertas de todo o municipio. Entra e descubre estas promocións. Hoxe podes atopar unha grande variedade: descontos e bonos de tratamentos de beleza; descontos en alugueiro de carpas para celebracións; cestas de Nadal personalizadas; envíos gratuítos de compras en liña; descontos en actividades de formación; Eurovales, vales descontos e vales de 20€ en roupa; ofertas de perruquería; cartas especiais de fin de semana en restaurantes; promoción de lavados de vehículos; descontos en combustibles; vehículos KM0; mobles; ofertas en supermercados; descontos en material escolar e libros; descontos en seguros médicos; seguros de vivenda; descontos en limpezas de portais; descontos en xerseis de inverno; ofertas de moldes de forno; flores artificiais; regalos de señalización rec flash; promoción de aloxamento de fin de semana,… ata 26 ofertas e promocións.
No seu primeiro día de andaina, esta plataforma xa conta con 55 empresas, conviven empresas de todas as actividades, algunhas moi antigas e outras recén creadas:
1. O CAMILO CARPINTERÍA
2. A BALEA VERDE-ACTIVIDADES DE OCIO
3. ACOSTA MUEBLE
4. ALUGUER DE VEHÍCULOS PARAÍSO
5. AS NEREIDAS-ALUGUER VACACIONAL
6. AUTOMÓVILES BANDO
7. AUTOSERVIZO DE LAVANDERÍA MARIÑASEC
8. BAR COCIÑA
9. CAFÉ BAR O CABALIÑO DO MAR
10. CARLOS PELUQUEROS UNISEX
11. CARNICERÍA-CHARCUTERÍA J. ANTONIO
12. CATYCRIS
13. CENTRO DE FISIOTERAPIA XOVE
14. CENTRO ÓPTICO XOVE
15. COIDADOS LIMPEZA DE AXUDA NO FOGAR
16. CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN
17. COSNOR CORREDURÍA DE SEGUROS OFICINA XOVE
18. CRISTALERÍA SAN CIPRIÁN
19. EL RINCÓN DE LOS GRANDES
20. EROSKI CITY
21. ESTABLECIMIENTOS REY FERRETERÍA ALMACÉN CONSTRUCCIÓN
22. ESTABLECIMENTOS REY-EXPOSICIÓN BAÑOS
23. ESTACIÓN DE SERVICIO CAMBA
24. ESTÉTICA MARTA
25. FARMACIA ANA BOÑAR
26. FERRETERÍA SUÁREZ ÓLIVER
27. FIFA
28. GRUPO ROMA
29. HOSPEDERÍA DE TEIXIDE
30. JOSÉ O PORTUGUÉS
31. LAVANDERÍA-TINTORERÍA MARIÑASEC
32. LIBRERÍA ESTANCO BASANTE
33. LIMPEZAS SAN MARTIÑO
34. LUGAR DAS MARÍAS*** HOSTAL
35. LUGAR DAS MARÍAS CAFÉ-XARDÍN
36. MAPFRE XOVE
37. PANADERÍA MARAL
38. MÁRMOLES A MARIÑA
39. MERCERÍA ANTOLLO
40. MUEBLES TOAL XOVE
41. MULTICARPAS EIJO
42. O ARMARIO DE XOVE
43. PEIXERÍA BARREIRA
44. PELUQUERÍA CAPYLARIS
45. PELUQUERÍA EUGENIA
46. PILAR CORGOS ACADEMIA
47. PIZZERÍA ONDE SEMPRE
48. RESTAURANTE CAFÉ BAR PEPE
49. RESTAURANTE O REFUGIO
50. SCHOOL OF ENGLISH
51. SIGNO TALLER DEL RÓTULO
52. SUÁREZ ÓLIVER TRANSPORTES SL
53. TALLERES ARMANDO
54. TALLERES PARAÍSO
55. TRANSPORTES PARAÍSO
Todas as empresas e profesionais do municipio poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.