Lugo, 5 de febreiro de 2021. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero apoia as reivindicacións da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación da provincia de Lugo (Adislugo). Otero dixo, “que o PsdeG da provincia de Lugo comparte as reivindicacións deste colectivo, que anunciou mobilizacións para o vindeiro luns na nosa provincia,” coas que reclaman a necesidade urxente que teñen as nosas empresas e os nosos traballadores e familias de recibir axudas directas.
A dirixente socialista lembra que o sector da distribución da hostalería e da alimentación é un colectivo moi importante, que xera milleiros de empregos en toda a provincia de Lugo. “Non entendemos como estas empresas e estes traballadores non reciben ningún tipo de axuda directa por parte do Goberno de Feijóo, xa que non poden optar a elas. Por unha banda os bares e restaurantes están pechados e polo tanto non teñen clientes a quen servir e distribuír a súa mercancía e os seus produtos, e por outro, sofren o abandono inxusto do PP diante desta pandemia”, denunciou.
É necesario un gran pacto
Nesa liña lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista mantivo diversas xuntanzas con este sector para o que reclama “un gran pacto en defensa da hostalería e o turismo dotado cos fondos necesarios e con medidas que sexan un salvavidas para o sector”. Ademais sinala que dende a Deputación de Lugo tamén se aprobaron propostas neste sentido, coas que reclaman á Xunta que destine 220 millóns de euros, que xa recibiu do Estado, para investir nos sectores máis afectados polas restricións como son a hostalería ou o comercio.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



