Estes últimos días Galicia coñeceu unha das peores vagas de lumes da súa historia e, dende logo, a peor dende a sofrida a mediados de outubro de 20017 nas bisbarras de Vigo, Condado e Carballiño. Nunha única semana as hectáreas queimadas sobardaron as 30.000 (máis de 10.000 no Courel, máis de 10.000 en Valdeorras e case 6.000 no parque natural do Invernadeiro, no macizo central ourensán). Ardeu, xa que logo, un terzo máis ca todo o queimado ao longo do cuadrienio 2018-2021.
A responsabilidade da Xunta de Galicia presidida por Alfonso Rueda é evidente, como o foi tamén a da Xunta presidida por Núñez Feijóo naquel outubro de 2017. Daquela moitas das brigadas de extinción non estaban xa operativas por considerar, desaqueladamente, xa pechada a tempada de lumes. Neste 2022 a vaga comezou a mediados de xullo e bateu contra un sistema de extinción con poucos recursos mobilizados. Voceiros da veciñanza do Courel denunciaban que en todo o distrito forestal que abrangue O Courel, Terra de Lemos e Quiroga non existía ningunha brigada municipal de extinción funcionando antes do 15 de xullo e que aínda estaba previsto comezaran traballar xusto na pasada fin de semana do Carme. As mesmas fontes denunciaban que noutros anos era normal que en xuño as devanditas brigadas xa estivesen operativas.
Foron os poucos brigadistas operativos, bombeiros voluntarios chegados doutros lugares de Galicia e máis a propia veciñanza as persoas que salvaron as aldeas, mesmo ás veces contrariando unhas ordes de desaloxo que, como pouco moitos, alcuman de temperás de máis. Porque na dinámica dos lumes de Valdeorras e o Courel salváronse as aldeas e casas que foron defendidas pola propia veciñanza. Ao tempo, a experiencia amosou tamén que os soutos de castiñeiros e as terras adicadas ao uso agrícola contribuiron frear o lume, fronte aos pirófitos piñeirais.
Dende diversos sectores do PP rural reclámase sotto voce a a remuda do conselleiro de Medio Rural e máis do Director Xeral de Defensa do Monte. Xa que logo, o Presidente Rueda habería comprender que os erros e neglixencias deste Goberno apúntanse xa no seu balance e non no dun Núñez Feijóo que os nomeou e que xa está atento a escenarios moi afastados do noso País.
De calquera xeito, malia a ineficacia amosada pola Xunta nas tarefas de extinción (probábelmente tanto pola insuficiencia xa relatada de medios como polas desaqueladas decisións da cadea de mando) as ensinanzas aprendidas esixen por en valor a prevención. Porque son a reagrarización e reforestación con especies autóctonas e máis a repoboación e posta en valor do medio rural os principais alicerces dunha necesaria prevención na que, por certo, o sector beneficiario da extinción insiste moi pouco.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



