A Corporación, grazas a unha proposta socialista, aprobou solicitar a comparecencia do Conselleiro de Medio Rural no Parlamento “para dar explicacións e asumir as súas responsabilidades ante a vaga de lumes do verán” e que a Xunta “cumpra coa legalidade” e aprobe o PLADIGA antes do 31 de outubro do ano precedente ao da súa aplicación
Lugo, 25 de outubro de 2022. A Deputación de Lugo esixirá á Xunta de Galicia un cambio total da súa política de prevención e loita contra os incendios forestais despois do “seu fracaso evidente”, tal e como, unha vez máis, quedou demostrado na vaga de lumes que sufriu a provincia, sobre todo O Courel, o pasado verán.
Así o acordou a Corporación provincial no Pleno ordinario celebrado este martes grazas a unha iniciativa do Partido Socialista, que foi apoiada polo BNG, mentres que o PP votou en contra.
O acordo inclúe solicitar a comparecencia do Conselleiro de Medio Rural no Parlamento para dar explicacións e asumir as súas responsabilidades ante a vaga de lumes do verán; que a Xunta cumpra coa legalidade vixente recollida no Real Decreto 15/2002, artigo 48, punto 3, e aprobe e publique o PLADIGA antes do 31 de outubro do ano precedente ao da súa aplicación; que a Xunta mude o seu modelo de loita contra o lume para poñer o acento nas tarefas de prevención e limpeza do monte durante todo o ano, incrementando as partidas orzamentarias dedicadas á prevención; a implantación dun servizo único de loita contra o lume profesional, estable, formado, ben equipado e baixo o mando único da Xunta de Galicia, rematando coa situación de precariedade, temporalidade e descoordinación do actual modelo de brigadas municipais; e o impulso de políticas transversais, que fomenten os usos agrogandeiros, forestais, turísticos ou culturais imprescindibles para manter o monte vivo, limpo e ordenado.
“É o momento de asumir responsabilidades e cambiar o modelo”
O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, sinalou que, pasado o verán, “temos que facer todo o posible para que os gravísimos incendios que vivimos na provincia non se volvan repetir”. Defendeu o Deputado que dende o grupo socialista “fomos e somos prudentes cos tempos”, pois desde a Deputación, “cando correspondeu, puxemos a disposición dos operativos de extinción os medios cos que conta esta Administración”, pero agora “é o momento de facer unha análise a fondo das causas e consecuencias dos lumes”.
O Deputado lembrou que arderon 13.600 hectáreas no Courel e na Pobra de Brollón, o incendio máis grande da historia da comunidade autónoma, e máis de 44.000 hectáreas no conxunto de toda Galicia, 20.000 en espazos naturais protexidos.
Expuxo Fernández Rico que “necesitamos un pouco máis de autocrítica e bastante máis responsabilidade da Administración que ten as competencias, que é a Xunta de Galicia, porque esta situación é consecuencia directa das decisións que se levan tomado nas últimas décadas, agravadas pola emerxencia climática”, recalcando que a Xunta “fracasou” nas súas políticas do rural, de ordenación e xestión do territorio, e de prevención e extinción de incendios”.
Enumerou o Deputado algúns dos problemas do rural polos que, e como consecuencia do despoboamento, cada vez se producen incendios máis importantes, como a eliminación de servizos ou as carencias nas comunicacións. “A actividade no rural prevén os incendios sen coste ningún e para ter actividade hai que ter servizos. Arde pola falta de percepción política para entender o medio rural”. E sinalou que de seguir nesta dinámica, “dentro duns anos un incendio de 10.000 hectáreas vai ser dos máis pequenos”. Fernández Rico apuntou que as solucións pasan por “potenciar a actividade agraria, a actividade gandeira extensiva ou a transformación sostible vencellada ao territorio”.
“O fondo do problema é o modelo que queremos implantar, e o modelo que propoñemos os socialistas é o totalmente contraposto ao existente do Partido Popular. Defendemos servizos públicos nun rural con alternativas agrarias e gandeiras que fagan a prevención e conservación do medio”, expuxo o Deputado de Recursos Sostibles, quen denunciou tamén que “se practica electoralismo cos lumes, pénsase en votos e en afinidade política cando se potencia ou non unha comarca ou outra en canto a medios e persoal”.
Montes veciñais
No que respecta aos montes, a Deputación tamén acordou pedirlle á Xunta que teña en consideración a ILP presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes e que recolle cuestións como a necesidade de recoñecer o monte veciñal como unha titularidade máis, en pé de igualdade coas públicas e privadas; a capacidade de decisión da veciñanza comuneira para poñer en valor as súas terras; ou a declaración dos montes veciñais en man común como figuras de protección ambiental e cultural en si mesmos.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



