Noa Presas defendeu un “novo modelo enerxético propio” e instou á Xunta a demandar do goberno central a “reforma do marco lexislativo eléctrico estatal” para garantir que a tarifa eléctrica en Galiza repercuta positivamente nos recibos da luz
Santiago de Compostela, 7 de febreiro, 2023. A portavoz de Enerxía do BNG, Noa Presas defendeu unha proposición non de lei cominado ao Partido popular a “facer o que non está facendo na Xunta” ante un novo marco enerxético que require de medidas urxentes para que “Galiza non quede atrás”. Para a deputada, urxe “reducir a dependencia dos combustibles fósiles”, loitar conta a emerxencia climática e facer da enerxía “un vector de xustiza social e desenvolvemento económico”.
A nacionalista propuxo “compensar a Galiza” como país produtor de enerxía e para iso, dixo, é preciso que o goberno galego se “anticipe, marque os tempos e defenda os intereses do noso país”. Necesitamos, “unha planificación enerxética propia” que evite repetir no século XXI os mesmos erros do século pasado.
Lamentablemente, a Xunta firmou “vai na dirección contraria” como puidemos constatar cos últimos cambios normativos que supoñen “unha patente de corso” sen precedentes nunha presunta democracia “tramitando proxectos sen información pública e sen declaración de impacto ambiental”.
A xuízo da deputada, non podemos perder máis tempo e nese sentido, dixo, van as propostas do BNG para reducir a dependencia dos combustibles e que a enerxía en Galiza represente un vector de “xustiza social e desenvolvemento económico”, porque somos “produtores excedentarios netos de enerxía eléctrica, xeramos renovables e axudamos a outros territorios que non teñen a nosa potencia”.
A solidariedade, remarcou a deputada, está moi ben pero o “colonialismo, non tanto” como aconteceu cos nosos ríos no século XX.
1 de cada 4 xigavatios hora que se producen no Estado español é de orixe galega
Dende o BNG traemos de novo a Cámara galega “a necesidade de compensar o papel produtor excendentario de enerxía eléctrica de Galiza” e xa vai sendo hora de que gañemos con esta riqueza. No ano 2020, segundo informes da Red Eléctrica de España, Galiza xerou 24.556 Gwh, consumiu 17.413. O saldo é que exportou o 29% do producido. No 2021, as cifras son similares e por primeira vez na historia, no ano 2020 e 2021, “Galiza xerou máis renovable da enerxía total que consumiu”.
Na defensa da proposición non de lei, Noa Presas remarcou as propostas do BNG cara “un novo modelo enerxético galego” arredor da prevalencia da protección medioambiental, o impulso da participación pública, o consenso social e a innovación con medidas reais como: Impulsar un Mapa de ordenación das enerxías renovábeis, singularmente eólica e fotovoltaica, consensuando e planificando os obxectivos,impulsar un Plan de intensificación das políticas de eficiencia enerxética cun calendario e orzamento específico, fomentar equipamentos máis eficientes nos fogar e a industria, mobilidade sustentábel potenciando o transporte público de pasaxeiros nas áreas metropolitanas e fomentar os ferrocarrís de proximidade, buses urbanos e comarcais.
Na súa intervención, a deputada do BNG fixo fincapé na xustiza social e económica e instou ao goberno galego a demandar do goberno central a “reforma do marco lexislativo eléctrico estatal” para garantir que o prezo da tarifa eléctrica nun territorio teña en conta a súa situación de territorio produtor excedentario ou deficitario na produción eléctrica, e que esa riqueza repercuta positivamente na tarifa dese territorio a través do abaratamento das peaxes e cargos.
Tras a intervención da portavoz popular, Marta Nóvoa Iglesias que criticou que o BNG reclamara un status diferente e beneficioso para Galiza como país produtor de enerxía, a deputada do BNG replicou que, unha vez máis, o Partido popular volve a estar ao lado das grandes empresas eléctricas e dunha “expansión eólica” que supón un verdadeiro espolio en Galiza e defendendo unha visión “centralista”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



