Insistiu en que “co PP a Mariña sempre perde. Vímolo con Alcoa, con Altri e coa VAC. Só hai un voto útil que defende á comarca: o Partido Socialista”
Lugo, 7 de xullo de 2023. O número 1 ao Congreso polo Partido Socialista, de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe o compromiso de Pedro Sánchez para iniciar a contratación das obras da Autovía da Mariña, a A-74, o próximo ano. “O inicio da contratación do primeiro tramo será no 2024, respondendo a unha demanda histórica da Mariña porque é unha infraestrutura clave para a mobilidade da Comarca e para o seu progreso social e económico. Falamos dun trazado de 33,5 quilómetros entre Barreiros e San Cibrao, clave para vertebrar e facer progresar á Mariña. Así o explicou nun encontro cos medios no que estivo acompañado por os candidatos ao Congreso e ao Senado César Mogo, Patricia Otero e Carmela López, así como as alcaldesas e alcaldes de Foz, Viveiro, Trabada, Lourenzá, Ourol, A Pontenova e Barreiros e varios concelleiros e voceiros de Mondoñedo, Cervo, Xove, O Vicedo e Riotorto.
“A diferenza de Feijóo, Pedro Sanchez non só se acorda da Mariña en eleccións, a A-74 é unha prioridade para o Goberno socialista e así o demostrou incluindo este ano 2 millóns de euros nos Orzamentos para a redacción dos proxectos nos treitos Barreiros-O Carme, o Carme-Foz e Foz-Burela e para contratar e iniciar a redacción do proxecto do treito Burela-San Cibrao”.
Gómez Besteiro afirmou que “é curioso como o PP sempre reivindica en campaña electoral as mesmas infraestruturas que o seu partido ignorou, paralizou e bloqueou durante os seus últimos sete anos á fronte do Goberno de España”, subliñou. En relación con isto, advertiu que “xa sabemos o que pasará se Feijóo chega ao Goberno, o mesmo que pasou coa VAC Costa Norte, hoxe parada e onde retoñan os eucaliptos. Os proxectos da Mariña volverán ao caixón. Co PP, A Mariña perde”.
A VAC Costa Norte, 14 anos nun caixón
Precisamente, ao respecto da VAC Costa Norte que conectaría San Cibrao con Ferrol, o candidato socialista afirmou que “o Goberno de Pedro Sánchez comezará a construír a Autovía da Mariña antes de que a Xunta do Partido Popular remate coa tan ansiada variante, unha variante convertida a día de hoxe nun eucaliptal”.
“O desprezo do PP aos mariñáns fixo que levemos 14 anos perdidos, pois ano tras ano aparecen partidas nos orzamentos para esta infraestrutura, pero nunca executan nin un só euro. Un proxecto bloqueado sistematicamente polo señor Feijóo e que o actual presidente autonómico amosa a mesma vontade de boicotear“, lamentou Gómez Besteiro.
Neste senso, lembrou que “na provincia de Lugo só hai un tramo feito desta estrada, inaugurado en 2017 con moito atraso e que fora contratado oito anos atrás por un Goberno da Xunta presidido por un socialista, Emilio Pérez Touriño”.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



