O grupo visitou o barco museo Reina del Carmen, a Confraría de Pescadores, o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa e o mural realizado no solar da antiga conserveira
Burela, 11 de outubro de 2023. O Concello de Burela recibiu a un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus de Lugo, acompañados de varios profesores. O grupo estudantes atópase realizando un traballo sobre o mundo mariñeiro, polo que viñeron coñecer diferentes localizacións da vila relacionadas con este ámbito.
A alcaldesa Carmela López e os tenentes de alcaldesa Mario Pillado e Ramiro Fernández Rey recibiron ao grupo na Casa do Concello. Despois, visitaron o barco museo Reina del Carmen, destacando o bo estado de conservación do mesmo.
O grupo visitou tamén a Confraría de Pescadores, o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa, e mais o mural realizado no solar da antiga conserveira como parte do proxecto Burela-IN do pasado ano 2022.
Ramiro Fernández Rey, responsable entre outras das áreas de Turismo e Mar, quixo agradecer a visita ás e ós estudantes e tamén particularmente á profesora impulsora da mesma, Elena Freire: “visitas como esta son moi positivas, pois nos permiten dar a coñecer o noso patrimonio”. “Estamos moi agradecidos e satisfeitos polo éxito da visita, tal e como nos transmitiron alumnado e profesorado”, engadiu.

























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



