Barreiros, 9 de xaneiro de 2025. A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros realiza neste 2025 o Camiño de do Mar. Este sábado, 11 de xaneiro, os asistentes farán a etapa comprendida entre Barreiros e San Martiño, en Foz.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “despois de facer todos os anos unha ruta a Santiago neste 2025 decidimos realizar a que máis nos identifica ás veciñas e aos veciños de Barreiros, pero tamén ás outras persoas que participan nestas andainas e que proceden de Ribadeo, de Foz, de Trabada, de moitos puntos da Mariña… decidimos facer o Camiño do Mar, aínda que non é oficial pensamos que en breve terá ese recoñecemento. E nós queremos así aportar o noso gran de area, porque lle temos unha grande estima a esta ruta”.
Gómez Puente dixo que “o noso concello é atravesado polo Camiño Norte, pero tamén por este Camiño do Mar. Este vindeiro sábado faremos a segunda etapa entre Reinante e San Martiño, en Foz. Sairemos ás nove da mañá das inmediacións da Yenka. Son 18 quilómetros, sen a penas altitude, é case toda plana a andaina. É unha ruta de dificultade baixa-media. Trátase dunha das etapas máis bonitas deste camiño”.
O presidente de Camiñantes e Camiños contou que “xa fixemos a primeira etapa entre Ribadeo e Barreiros. Toda a ruta do Camiño do Mar son 177 quilómetros entre Ribadeo e Neda e ímolo dividir en 10 etapas ao longo dos seis primeiros meses do ano 2025”.
José Manuel Gómez Puente anima a participar nestas andainas: “recoméndollo a todos os veciños de Barreiros e da Mariña a que nos acompañen nestas andainas. Somos 50 persoas, pero estamos abertos a recibir a máis peregrinos. Para descubrir estes paisaxes que temos na costa cantábrica, que son espectaculares. É unha forma de coñecer os pobos, as tradicións, a cultura destes lugares, imos descubrir a catedral máis antiga de España, que é a Basílica de San Martiño. Moitos xa a coñecemos, pero nesta visita ímola sentir cerca de nós, porque remataremos aí a segunda etapa. Outra etapa moi simbólica, xunto coa deste sábado, será a de San Andrés de Teixido”.
E engadiu: “convido a todo o mundo a facer este Camiño do Mar con nós. Haberá un ambiente de compañeirismo, de amizade e imos cultivar a convivencia entre as veciñas e os veciños desta comarca”.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte número de teléfono: 623 226 825. Aquelas persoas que fagan as 10 etapas do Camiño do Mar recibirán como agasallo unha camiseta e unha mochila. Desde a asociación Camiñantes e Camiños agradecen a colaboración da Xunta de Galicia.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



