Montse Prado censura a falta de planificación e critica que Sanidade volva botar man de profesionais en formación para cubrir a falta de médicos durante o verán
Santiago de Compostela, 31de marzo de 2025. A deputada do BNG Montse Prado chamou á mobilización da sociedade galega ante a “situación inaceptable” na que se encontra a sanidade pública, que , segundo indicou, empeora día a día debido á xestión dun PP na Xunta que “leva anos aproveitando cada crise para acelerar o seu deterioro.
Os atrasos nos diagnósticos, as listas de espera interminables, un persoal sanitario ao límite e o desmantelamento da Atención Primaria estanlle afectando gravemente ao dereito da atención sanitaria, que, asegurou, “non está garantido”, tendo consecuencias máis graves para os colectivos máis vulnerables, como as persoas con enfermidades crónicas ou con problemas de saúde mental, xente maior ou as mulleres.
Prado denunciou a parálise do goberno do PP, un ano despois de comezar a lexislatura, afeando que “nin o conselleiro nin o presidente da Xunta saíron da fase de anuncios”. Referiuse así ás “promesas incumpridas”, como o plan de recursos humanos, a presenza de psicólogos clínicos en atención Primaria ou o novo modelo de atención sanitaria, que, segundo dixo, seguen sen materializarse. “Non é aceptable o mantra permanente de que non hai profesionais facultativos nin de enfermería”, afirmou, sinalando categorías como nutricionistas, psicólogos clínicos ou terapeutas que, habendo persoal, non se contrata.
A portavoz nacionalista de Sanidade reiterou que o PP “é letal para a sanidade pública galega” e que todas as súas políticas durante os últimos 16 anos tiveron como obxectivo o deterioro do sistema, a súa privatización e a perda de calidade na atención mentres se incrementa a conta de resultados da privada. “Cada persoa en lista de espera, cada centro de saúde con falta de médicos ou cada crianza sen atención pediátrica é nicho de negocio para a privada”, exemplificou.
Sostivo que a falta de profesionais non se resolve simplemente cunha maior oferta de contratos precarios ou coa contratación de MIR, e insistiu na necesidade de mellorar as condicións laborais e abordar a sobrecarga asistencial para que o persoal do Sergas non acabe marchando fóra ou á sanidade privada. Rexeitou ademais que o PP “queira converter unha medida provisional e excepcional en permanente”, referíndose á contratación de MIR, profesionais en formación e que precisan supervisión, para cubrir a falta de médicos no verán.
Montse Prado mencionou exemplos concretos de deficiencias no sistema sanitario, como o feito de que 360.000 persoas se atopen en listas de espera hospitalarias, e denunciou casos como os de Moaña, Foz ou Vilagarcía, onde os servizos de urxencia ou atención pediátrica están colapsados ou directamente non se prestan. Así mesmo, criticou a situación do Hospital da Mariña, onde os servizos de medicina interna están desmantelados e os pacientes son derivadas ao HULA en Lugo.
A responsable do BNG tamén aproveitou para comentar a preocupante situación de infraestruturas sanitarias como o Hospital Materno Infantil de Ourense, no que este sábado caeu parte do teito e polo que pediu a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento; ou a UCI do Chuo, que a pesar dun investimento de 10 millóns de euros, conta con só 20 camas, insuficientes para toda a provincia.
Chamamento á mobilización e propostas urxentes
Como resposta a esta situación, Montse Prado quixo facer un chamamento á mobilización convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo porque “é urxente que o PP rectifique”, deixe de drenar recursos á privada e “se esforce en solucionar o problema e non en que asumamos como normal unha situación inaceptable”, recalcou.
Neste senso, as demandas do BNG van encamiñadas a elaborar con urxencia e cos orzamentos precisos, un plan de ordenación de Recursos Humanos para identificar as necesidades de persoal en cada colectivo; poñer en marcha un modelo de atención primaria, coa incorporación á carteira de Servizos de categorías imprescindibles para prestar unha atención integral e descolapsar as listas de espera —persoal de psicoloxía, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadoras sociais, podólogos ou ópticos-optometristas— e, por último, a posta en marcha dun plan de choque para rematar coas listas de espera.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



