Foz, 3 de abril de 2025. Os meses de abril e maio están en Foz centrados nos libros. A biblioteca municipal Salgado Toimil acolle múltiples actividades para festexar os días do libro infantil, do libro e tamén das letras galegas.
As actividades comezaron este mércores, día 2 de abril, cun obradoiro de monicreques na biblioteca e seguen o venres 4 no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas co contacontos Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, para público familiar.
“Comezamos cuns meses cargados de actividades previas ao verán, que en Foz é único. Agradecemos a colaboración das asociacións locais en moitos dos actos. A cultura dun pobo é moito máis rica grazas tamén á implicación dos veciños”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
A Sala Bahía este mes de abril contará co primeiro certame plurilingüe de Foz de teatro afeccionado. Será os sábados 5, 12 e 19, ás 18.30 horas. As obras serán A pesar de todo, hermanas; A casa das migalhas e Vaise pechar outra casa máis.
Na Casa da Cultura continuarase con contacontos, teatro e obradoiros os días 11 e 25 de abril e 9 e 16 de maio. O día 11 ás 18.30 horas chega Sarabela con Sabela e o páxaro máxico, o 25 ás 20.30 horas a obra As alumnas, o 9 de maio será o contacontos Carmen, a cantareira da aldea e o 16 ás 18.30 horas un obradoiro de lettering co cancioneiro popular galego.
“Ademais disto a biblioteca está acollendo o seu programa de visitas escolares aberto a todos os centros. Tamén se avisará co prazo do certame de narración oral e debuxo infantil da biblioteca pública de Lugo, no que Foz sempre participa e teremos unha mostra bibliográfica das homenaxeadas no día das letras galegas, as cantareiras e a poesía popular”, explica a concelleira de Cultura.
A música tamén será protagonista o día 12 de abril ás 19.30 horas na Basílica de San Martiño co concerto sacro da Banda de Música de Foz e a Coral Polifónica de Foz, así como a presentación do libro Piel de naranja na biblioteca o día 22 de abril ás 19.00 horas en colaboración coa UNED de Foz. E o día 26 tamén chegará a Festa do Berberecho, da que sairá nova información proximamente.























Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



