A Mariña, 11 de novembro de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, no marco do Plan de Sostibilidade Turística, participará na 28ª edición da Feira Internacional de Turismo de Interior, INTUR, que terá lugar do 13 ao 16 de novembro en Valladolid, cidade que, xunto co noroeste de Castela e León, alberga un público obxectivo de alto atractivo para a comarca.
No transcurso desta feira, que cada edición consolida máis a súa proxección internacional, a Mancomunidade estará en contacto, no marco de INTUR Negocios, con axencias de intermediación turística, cos profesionais e provedores de servizos co obxectivo de promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o xeodestino.
No seu amplo stand, situado no Pavillón 2 e aberto ao público dende o venres ata o domingo, os visitantes e axentes turísticos No seu stand, os visitantes a síesponsable EN e feira.ctivospero deme tamñen pon en valpoderán coñecer ademais, de primeira man, os moitos atractivos da Mariña como destino para vindeiras escapadas e vacacións. Trátase dun territorio rico e moi diverso, con personalidade propia e con propostas de valor que logra atraer cada ano a viaxeiros que elixen esta zona de Galicia para gozar do seu tempo libre.
Rocío López, presidenta da Mancomunidade, xunto coa xerente e o equipo técnico do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña, asistirán en representación do destino sumando esforzos a esta acción para favorecer a activación de novas canles de promoción e comercialización.
Aposta polo turismo sostible e responsable
A presidenta da Mancomunidade sinalou que “xunto co noso rico patrimonio natural e cultural, dous dos eixos fundamentais da Mariña, desde a Mancomunidade poñeremos o foco tamén no turismo activo, na gastronomía ou na artesanía, así coma no turismo deportivo, de natureza e aventura do territorio. A Mariña ten moito que ofrecer durante todo o ano”.
Así mesmo, a Mancomunidade de Concellos da Mariña defenderá en INTUR un modelo de turismo integrador, responsable e sostible, onde os visitantes poidan gozar de todos os seus activos turísticos, sempre respectando os recursos dispoñibles.
Esta actuación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



