
EPISODIO 05
Viveiro, 17 de novembro, 2025. A comezos deste mes de novembro estreouse en Disney Plus a serie Entrepreneurs, dirixida e producida por Álex de la Iglesia.
Nesta comedia de trece capítulos, ambientada nun coworking moderno e creativo, destacan máis de 60 pezas de Regal Cerámicas como elementos de decoración. Entre os espazos aparece un taller cerámico onde se exhiben obras do artista Otero Regal.
A serie, definida como unha comedia branca e divertida, aborda as inquietudes e problemas da mocidade actual. No elenco principal figuran Alberto Casado, Rober Bodegas, Aura Garrido, Luis Bermejo, entre outros.
Outras colaboracións recentes
• Los Muertimer
Na película producida por Pokeepsietxea para Telecinco Cinema, Otero Regal achegou varias pezas cerámicas creadas especificamente para as necesidades da rodaxe.
• Dímelo Bajito
Na longametraxe de Vaca Films para Amazon Content Services, tamén contou coa participación de Regal. Parte da filmación desenvolveuse no concello veciño de Ourol.
• O Faro (TVG)
En anos anteriores, obras de Otero Regal foron cedidas temporalmente para a gravación desta coñecida serie galega.
Unha traxectoria cada vez máis vinculada ao audiovisual
As colaboracións de Otero Regal amosan como a súa cerámica transcende o ámbito artístico tradicional, converténdose en parte da escenografía de producións televisivas e cinematográficas de alcance nacional e internacional






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



