O encontro será o sábado 22 de novembro ás 12:30 h na Praza de Abastos
Burela, 18 de novembro de 2025. O Recuncho Multicultural de Burela acolle unha nova xuntanza con motivo da Festa da Música o sábado 22 de novembro. A actividade será ás 12:30 horas na Praza de Abastos, antes do comezo da celebración da Festa da Música ás 13:00 horas.
Durante o encontro, cada colectivo participante compartirá a música, os sons e os instrumentos que adoita escoitar no seu lugar de orixe para crear unha playlist colaborativa. Segundo explicou o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “trátase dunha actividade cooperativa na que aprenderemos sobre diferentes culturas e tradicións a través da música” co obxectivo final de “crear unha playlist de músicas do mundo no noso concello”.
De igual xeito, o propio concelleiro destacou que é un evento aberto a toda a cidadanía e que “dende o concello, animamos a toda á veciñanza a participar”.
Mario Pillado afirmou que estas xuntanzas “axudan a crear comunidade en Burela, fomentando a participación cidadá e o achegamento a outras culturas, á vez que gozamos de músicas e ritmos novos”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



