Viveiro, 10 de decembro, 2025. O Resurrection Fest Estrella Galicia vén de anunciar o cartel completo por días da súa edición 2026, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo en Viveiro. O festival regresa cun dos programas máis potentes da súa historia, reunindo grandes nomes do metal, rock, punk, hardcore e música alternativa.
As entradas diarias poranse á venda este venres 12 de decembro ás 12:00 h na web oficial: www.resurrectionfest.es
O festival conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.
Programación por días e escenarios
MÉRCORES, 1 DE XULLO
MAIN STAGE
Sabaton · A Day To Remember · Thrown · President · Man With A Mission · Annisokay
RITUAL STAGE
Testament · Self Deception · The Browning · The Pretty Wild · TSS · Aneuma
CHAOS STAGE
High Vis · Get The Shot · The Scratch · Immortal Disfigurement · God Complex · Crowded
DESERT STAGE
Faetooth · Lampr3a · Cwfen · Cardiac · Black Maracas
XOVES, 2 DE XULLO
MAIN STAGE
Iron Maiden · Anthrax · Angelus Apatrida · Feuerschwanz · Caskets
RITUAL STAGE
Caliban · Witch Club Satan · The Funeral Portrait · Burning Witches · Fallen At Dawn · Her Anxiety
CHAOS STAGE
Lionheart · The Callous Daoboys · Authority Zero · Belvedere · Blood Command · FUET!
DESERT STAGE
Blues Pills · Psychonaut · Ciclonautas · Vulvarine · Blood Vulture · Band Contest
VENRES, 3 DE XULLO
MAIN STAGE
Limp Bizkit · Trivium · Bleed From Within · The Rasmus · Nevertel · Blaze The Trail
RITUAL STAGE
Cavalera Chaos A.D. · Gaerea · Hulder · Not Yet · Okkultist · Nukore
CHAOS STAGE
House of Protection · Dying Wish · End It · Initiate · Oslo Ovnies · Pants Off
DESERT STAGE
Borknagar · Rosalie Cunningham · Return To Dust · Madmess · Mourir · Band Contest
SÁBADO, 4 DE XULLO
MAIN STAGE
Marilyn Manson · Mastodon · P.O.D. · Imminence · Hamlet · Iscream Never Ground
RITUAL STAGE
Blood Incantation · Dogma · Distant · Hand of Juno · Todomal · Stellvris
CHAOS STAGE
Converge · Harm’s Way · Gridiron · Frontierer · The Family Men · Donuts Hole
DESERT STAGE
The Vintage Caravan · A.A. Williams · Last Train · The Gems · Kruddö · Band Contest
Unha edición chamada a facer historia
Con máis de cen artistas repartidos nos seus catro escenarios habituais, o Resurrection Fest Estrella Galicia 2026 promete unha edición inesquecible. Viveiro volverá converterse na capital internacional da música extrema, reunindo público de máis de 40 países.
Máis información e entradas www.resurrectionfest.es






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



