A entidade convoca a veciñanza a participar no acto reivindicativo que partirá ás 11:00 horas do Centro de Saúde de Viveiro e rematará cunha concentración diante da Delegación da Xunta en Celeiro
A Mariña, 9 de xaneiro, 2026. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca a todas as veciñas e veciños de Viveiro e da comarca ao acto de entrega de máis de 5.000 sinaturas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, recollidas desde o 18 de setembro. A demanda principal é a cobertura estable de todas as ausencias en medicina de familia e pediatría, todos os días da semana e durante a quenda completa.
O Centro de Saúde de Viveiro arrastra desde hai anos unha falta crónica de profesionais. Segundo denuncia a plataforma, en numerosos días a dotación de medicina de familia redúcese a menos do 50%, chegando a haber só dous ou tres facultativos dos once previstos. Esta situación provoca agardas superiores aos quince días para consultas ou renovación de receitas, con casos que mesmo alcanzan os 36 días, polo que —advirten— “a atención sanitaria non está garantida”.
No servizo de pediatría, a situación tamén é crítica: Viveiro leva anos funcionando ao 50% da súa dotación, cunha única profesional atendendo todas as crianzas da localidade máis poboada da Mariña.
O acto reivindicativo celebrarase este xoves 15 de xaneiro, a partir das 11:00 horas, diante do Centro de Saúde de Viveiro. Desde alí partirá unha andaina cara á Delegación da Xunta en Celeiro, onde está previsto chegar sobre as 11:30 horas. Unha vez no edificio, varios integrantes da plataforma rexistrarán e entregarán os pregos coas sinaturas. A continuación terá lugar unha concentración diante da Delegación, dando continuidade ás mobilizacións que se veñen celebrando de maneira ininterrompida desde hai oito meses en distintos puntos da cidade.
Samuel Fernández Bouza, veciño de Viveiro e integrante da plataforma, anima a toda a poboación da Mariña a participar “en defensa dunha sanidade pública de calidade, próxima e equitativa”. Tamén convida ás persoas que dispoñan da camiseta co lema das concentracións viveirenses, Pola Resurrección da Nosa Sanidade, a acudir con ela.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



