Foz, 27 de xaneiro, 2026. A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o mes de febreiro, cunha ampla oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e público en xeral. A proposta combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar persoal.
Entre as actividades destaca o Curso para opositores: Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, impartido pola avogada e formadora Inés García Balseiro. Desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro e terá unha duración total de 30 horas.
Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e colaboradora habitual da Aula, Leticia Veiga Lestegás. Será en modalidade online, do 9 de febreiro ao 18 de maio, cunha duración de 30 horas e horario de 19:30 a 20:30.
No ámbito ambiental, ofrecerase o curso Avaliación do Impacto Ambiental: Normativa, Metodoloxía e Casos Prácticos, impartido polo ambientólogo José Pérez Vázquez. Desenvolverase online do 10 de febreiro ao 12 de marzo, cun total de 38 horas.
Para pechar a programación do mes, impartirase o curso Corpo en Calma: Movemento para equilibrar o teu sistema nervioso, a cargo da psicóloga Alba Burundarena. Será tamén online, os días 23, 24, 25 e 26 de febreiro, cunha duración de 10 horas.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, subliñou que esta programación “responde á vontade de ofrecer unha formación diversa e de calidade, adaptada ás necesidades actuais da poboación, tanto no ámbito profesional como persoal”.
Pola súa banda, a concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, destacou “a importancia da colaboración entre o Concello de Foz e a UNED para achegar formación universitaria e especializada á veciñanza, contribuíndo ao desenvolvemento educativo e social do municipio”.
A Aula lembra ademais que o segundo período de matrícula para os estudos universitarios da UNED 2025/2026 estará aberto do 2 de febreiro ao 11 de marzo. Os trámites poden realizarse a través da web da UNED, presencialmente na Aula de Foz (de luns a xoves de 10:00 a 13:00 e de 15:30 a 20:30; venres só en horario de mañá), nos teléfonos 982 133 699 e 604 034 549, ou no correo foz@lugo.uned.es.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



