Ribadeo, 3 de febreiro de 2026. Dende Acisa con amor é a campaña de San Valentín que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 5 ao 15 de febreiro. Acisa sorteará 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo, a desfrutar en noite de venres ou de sábado no mes de maio. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal, e agora que estamos en plenas rebaixas, non nos podiamos esquecer de San Valentín, xa que as parellas aproveitan para facerse agasallos e para celebrar o amor. Para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis”.
E explicou que “a campaña desenvolverase do 5 ao 15 de febreiro no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen neles as súas compras poderán cubrir as súas papeletas para entrar no sorteo de San Valentín. Vanse repartir 10.000 nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será non presencial o 18 de febreiro (xa que o dia 17 é festivo) nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado nestes días. O sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Cruzado Iglesias engadiu que “animamos á nosa veciñanza a celebrar o amor en Ribadeo. A nosa hostalería xa ten preparados menús especiais con pratos moi orixinais e saborosos para estas datas, tanto o 14 de febreiro como durante toda esa fin de semana. E que a xente doutros puntos de Galicia e de Asturias se achegue a gozar unha fin de semana romántica en Ribadeo. Temos propostas románticas, temos gastronomía, temos comercio e temos paisaxe. O inverno tamén é unha boa época para achegarse a Ribadeo”. E tivo palabras de agradecemento para a firma colaboradora: “quero agradecer a Bodegas Docampo, a súa colaboración e apoio, xa que nos doa un dos premios da campaña de San Valentín de Acisa, que as persoas agraciadas poderán disfrutar o vindeiro mes de maio”.
A campaña de San Valentín, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia e Comercio Galicia, foi presentada no día de hoxe por Carmen Cruzado, Manoli Torviso e Trinidad Otero.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



