Lugo, 20 de febreiro de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo agasalla un ano máis arte e flores para celebrar o Día de Rosalía. Coincidindo coa eféméride, a institución provincial repartirá caraveis e láminas conmemorativas da data na Capela de Santa María, o 23 de febreiro, durante os concertos As literatas para Rosalía e nos museos da Rede Provincial – o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla -, o 24 de febreiro.
Trátase de reproducións dunha creación da deseñadora e ilustradora Rocío Fernández Paz, inspirada no poema “Sin Niño” de Follas Novas, que traslada á linguaxe visual a dimensión íntima destes versos sobre a perda. Os verdes azulados predominan na obra -acuarela e pastel sobre papel – que representa diferentes especies vexetais e pombas formando unha paisaxe que, explica a autora, se presenta como espello emocional.
A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “esta iniciativa que vimos desenvolvendo nos últimos anos da man de artistas, ilustradoras e creadoras da provincia reivindica a obra e a figura de Rosalía como fonte de inspiración e referente literaria, cultural e feminista, un legado que celebramos nesta data por todo o país”.
A Vicepresidencia da Deputación conta con 600 exemplares de láminas e caraveis que se repartirán gratuítamente nas datas sinaladas.
Concertos na Capela: As Literatas para Rosalía de Castro
O reparto de láminas conmemorativas fai parte da programación promovida pola área de Cultura para celebrar o Día de Rosalía, que inclúe outras propostas, como a xornada musical “As literatas para Rosalía de Castro”, que reunirá ao artista lugués Diego Flaneur e á banda Carabela arredor da poesía de Rosalía.
Diego Flâneur presentará Nebra Pecha, coincidindo co aniversario do álbum, unha obra marcada pola súa vinculacióncon ecos de autores como Uxío Novoneyra ou Lois Pereiro. O grupo Carabela, considerado unha das grandes revelacións da nova música galega, pechará a xornada cun suxerente directo no que cada tema se converte nun espazo habitado, propoñendo unha experiencia íntima e sensorial.
Os concertos completaranse cunha colaboración inédita entre Diego Flâneur e Carabela, na que musicarán versos da propia Rosalía de Castro. As actuacións, gratuítas e con entrada libre até completar a capacidade do local, serán o luns 23, a partir das 20.00 horas, na Capela de Santa María.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



