Mondoñedo, 27 de marzo, 2026. A asociación Xoldra de Mondoñedo vén de renovar a súa xunta directiva, nun proceso que marca un paso adiante na continuidade do proxecto cultural da entidade e que incorpora un destacado relevo xeracional.
A nova directiva estará encabezada por Mara Otero, que asume a presidencia da asociación. Xunto a ela, intégranse no equipo:
• Vicepresidente: Iván López
• Tesoreira: Clara Vila
• Secretario: Manuel Pardo
• Vocal 1: Paula Rodríguez
• Vocal 2: Claudia Vázquez
• Vocal 3: Anxo García
• Vocal 4: Aldara Fernández
O nomeamento de Mara Otero supón un fito para Xoldra, ao tratarse dunha persoa vinculada á entidade desde a infancia, coñecedora da súa evolución, dos seus valores e do seu papel na vida cultural mindoniense.
Esta nova etapa destaca pola incorporación de xente moza á dirección, reforzando o compromiso coa cultura local e garantindo a continuidade, o dinamismo e a renovación da asociación a longo prazo.
Desde Xoldra subliñan que o novo equipo afronta esta etapa con ilusión, responsabilidade e vontade de seguir impulsando iniciativas culturais que contribúan á dinamización social e cultural de Mondoñedo e da súa contorna.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



